Escolares de a rúa xunto ás súas familias participaron nunha interesante actividade sobre redes sociais
O alumnado do colexio Pablo VI de A Rúa, acompañados polos seus profesores e familias participaron hai uns días na "Primeira Tertulia con Sabor y Aroma". O tema central da actividade xirou en torno á temática "Redes Sociales: protección y uso", coordinada por Noemí e Miriam.
Ademais de insistir na necesidade de coñecer e usar as redes sociais cos fillos, tamén houbo espacio para o sabor e aroma xa que se repartiron entre as familias que participaron na actividade saquiños de doces xa que segundo afirman dende a organización "la red social que deja más huella es la que va de corazón a corazón".
Este tipo de actividades resultan do máis froitíferas xa que ademais de aprender moitos conceptos interesantes para pais e nenos, serve para estreitar aínda máis lazos entre toda a comunidade educativa.