Traballamos co Xornal Escolar

photo_camera Divertidas e amenas dinámicas para traballar na aula co Xornal Escolar de La Región.

O Xornal Escolar é unha fabulosa ferramenta para mellorar a lectura, a comprensión e a expresión.

Os estudantes de 6º de Educación Primaria do colexio plurilingüe Curros Enríquez de Celanova, traballan semanalmente na aula co Xornal Escolar de La Región. Nervi Sieiro, titora de 6º de Educación Primaria, leva varios cursos utilizando o Xornal Escolar de La Región para fomentar a curiosidade e as gañas de saber ao mesmo tempo que amplian coñecementos cunha ampla variedade de actividades e dinámicas individuais e grupais arredor deste suplemento educativo publicado os mércores con La Región.

O Xornal Escolar é unha fabulosa ferramenta para mellorar a lectura, a comprensión e a expresión. Tamén permite  desenvolver o espírito crítico e o respecto ás distintas opinións. 

A sección "Encadenados" e  "De que se fala?" é coa que traballan contidos, curiosidades e comentan o vocabulario a través de sinónimos ou antónimos, realizan debates sobre a temática da semana e expresan inquedanzas sobre o mesmo.

De maneira voluntaria, os alumnos/as realizan un traballo sobre o tema tratado e expóñeno ao resto do grupo noutra sesión. Tamén traballan as partes da noticia para que se afagan a ler a prensa e saiban atopar nos textos o que, quen, cando, por que... Nervi Sieiro afirma: “Cando eu escribo na sección "De que se fala?", intento partir dos contidos curriculares como os que hai en Ciencias Sociais e en Ciencias da Natureza, materias que a eles lles gustan moito, relacionándoos coa música ou o cine. Soen estar moi interesados/as. Este tipo de lecturas motívaos para querer saber máis, co que medra o espírito de investigación”.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma