actividades

Últimos días de "Tempo de Troula", da Asociación Xuvenil Amencer

En horario de tarde, de 15:30 a 17:30 horas, nas instalacións do colexio salesiano María Auxiliadora de Ourense os participantes están a disfrutar de obradoiros, xogos de mesa, actividades de animación á lectura, deportes, xogos musicais, comida divertida, cine, etcétera.

Desde o luns 11 de setembro, a Asociación Xuvenil Amencer, organiza a actividade denominada ”Tempo de Troula”, que está destinada ós rapaces/zas desde os 3 ata os 12 anos de idade. Este venres, día 29 de setembro, será o útimo día para gozar desta actividade que está convocando, de luns a venres, a numerosos nenos e nenas.
Este proxecto xorde como resposta ante a necesidade de conciliación da vida laboral e familiar, de que os rapaces e rapazas destas idades tiveran unha oportunidade de ocupar o seu tempo libre dunha maneira lúdica e educativa;  ademais de empregar  os recursos en canto a infraestruturas que o propio colexio salesiano pode ofrecer máis aló das aulas durante o curso.  
 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma