COLE A COLE

Viaxando por todo o mundo dende as aulas

Reportaje Xornal Escolar colego de Cenlle
7-12-16

escolares do CEIP Carmen García Carrasco están a  participar no proxecto "A volta ao mundo", gracias ao que están profundizando nas costumes, culturas e relixións doutros países

Na comarca de O Ribeiro, concretamente no municipio de Cenlle, está ubicado o CEIP Carmen García Carrasco, un centro de ensino de Infantil e Primaria que este curso conta con 19 alumnos, procedentes de varias localidades do concello.


O reducido número de alumnos permite que a relación entre os membros da comunidade educativa sexa do máis estreita, que todos se coñezan moi ben e que os profesores poidan facer un seguemento minucioso da evolución do alumnado, atendendo sempre ás súas principais necesidades e aclarando en cada momento todas as súas dúbidas.


Cando se fala de realizar un proxecto novo dos que cada ano levan a cabo na biblioteca do centro, no CEIP Carmen García Carrasco xa se da por suposto que participarán todos os escolares, cada un contribuirá con actividades axeitadas á súa idade e entre todos acadarán así un magnífico traballo global. 


Este curso destaca especialmente un proxecto que xa arrancou a principio de curso e que se prolongará ata o remate deste ano escolar. Denomínase "La vuelta al mundo" e está basado na coñecida novela de Julio Verne "La vuelta al mundo en 80 días".

 A principal finalidade deste proxecto é que os escolares de Cenlle cheguen a coñecer, mediante diversas actividades de investigación, as diferentes culturas, costumes e relixións que hai en varios países do mundo. Comparan estas mesmas culturas coa propia e aprenden moitas características e peculiaridades do modo de vivir e comportarse a miles de kilómetros de distancia.

Este proxecto, no que tanto profesores como escolares están totalmente inmersos, está a resultar moi positivo xa que todos os cativos e cativas amósanse moi motivados e coa curiosidade de coñecer moito máis doutros países. Na actividade traballan dun xeito transversal desde distintas áreas e deste xeito se lle adica tempo varias veces á semana.

Estas actividades en grupo resultan do máis froitíferas xa que con elas e ao mesmo tempo se traballan valores tan importantes como o compañeirismo, o respeto, a responsabilidade e moitos outros que son do máis positivos na súa formación integral.

PORTÁTILES NA AULA 
Outra das principais novidades este curso no CEIP Carmen García Carrasco é a implantación de ordenadores portátiles na aula. Esto lles permite aos escolares traballar coas tecnoloxías no seu día a día, familiarizarse con elas e aplicalas a diferentes áreas de traballo dende idades moi temperás.


O curso está así a transcorrer con total normalidade e os profesores agardan que os escolares saquen en limpo deste ano moitas experiencias fantásticas, moitas horas de divertimento e aprendizaxe, pero sempre adquirido do xeito máis ameno posible.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma