EDUCACIÓN AMBIENTAL

Xogos de mesa para concienciar sobre a reciclaxe

IMG_20180108_094141_result

O colexio Divina Pastora "Franciscanas" ademáis de estudar educación ambiental como materia na aula, e incluso en vacacións, realizan múltiples accións de coidado do entorno, de concienciación e de reciclaxe

A educación ambiental é unha das materias ás que os escolares do colexio Divina Pastora “Franciscanas” lle adican unha atención especial. Ademais do estudo da materia na aula, durante todo o curso, e incluso en vacacións, realizan múltiples accións de coidado do entorno, de concienciación e de reciclaxe. Trátase así dun tema que están a tratar dun xeito dinámico e divertido e aseguran que deste xeito é moi doado aprender.

IMG_20180108_094058_result

Hai uns días, un grupo de escolares, supervisados polo seu mestre Gonzalo Sánchez, traballaron no tema dos tres “Rs” ecolóxicos e o tratamento do lixo. Para elo compartiron un xogo de mesa co que aprenderon moitos conceptos dun xeito divertido. Tamén foron os encargados de repartir diferentes carteis do programa Recíclate con Sogama por todas as aulas do centro, para así concienciar a todos os seus compañeiros e compañeiras da importancia de realizar un xesto tan sinxelo pero á vez tan importante como é a reciclaxe.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma