AULAS ABERTAS

Xornada de xogos, castañas e diversión

Escolares de Allariz celebraron por todo o alto o magosto, con actividades para os escolares de Infantil e Primaria

Xornada de xogos, castañas e diversión

Escolares de Infantil e Primaria do CEIP Padre Feijoo de Allariz celebraron o mesmo día a gran festa do magosto. Os primeiros celebraron a súa festa no propio patio do colexio, onde gozaron de diversos xogos relacionados coa castaña. Non faltou a fogueira e a degustación de exquisitas castañas asadas. 

Por outra banda, os escolares de Primaria desprazáronse ata campo de Torneiros en autobuses. Neste fantástico marco natural organizaron o que foi a súa gran celebración de magosto na que non faltou nin un detalle. Repartidos por aulas, os escolares comeron castañas e outras delicias gastronómicas propias destas datas. Completaron a xornada con xogos e momentos anecdóticos que xiraron en torno á celebración que tanto lle gusta aos escolares. Diversas fogueiras sumáronse á festa que concluiu recollendo ben todo antes de voltar para as súas casas.