AULAS ABERTAS

O Xornal Escolar, unha ferramenta pedagóxica

photo_camera Ao alumnado do CEIP Curros Enríquez de Celanova encántalles traballar na aula co Xornal Escolar.

O alumnado de 6º de primaria do colexio Curros Enríquez de Celanova traballa  na aula co suplemento educativo Xornal Escolar de La Región coa súa profesora Nervi Sieiro. Ese hábito que se repite desde hai varios cursos, xa da os seus froitos 

Cada vez son máis os centros de ensino que recurren aos xornais, tanto en papel como dixitais, para completar a formación do seu alumnado. Un exemplo é o CEIP Plurilingüe Curros Enríquez de Celanova. Os escolares de 6º de Educación Primaria, xunto á súa mestra Nervi Sieiro, traballan semanalmente co suplemento educativo Xornal Escolar de La Región. Esta actividade se repite desde hai varios cursos e entre os obxectivos acadados pódese destacar o desenvolvemento do espírito crítico, o respecto ás opinións dos demais ou a mellora da lectura, a comprensión e a expresión.

Cada semana planifican os aspectos nos que van a traballar do Xornal Escolar. Realizan así tanto actividades individuais como en grupo. A titora deste grupo de alumnos e alumnas, Nervi Sieiro, é ademais colaboradora do suplemento de La Región, concretamente da sección "De que se fala?" e recorre a contidos curriculares de Ciencias Sociais ou Ciencias da Natureza, que a este grupo de escolares lles gustan moito, e os relaciona con aspectos musicais ou cinematográficos. Posteriormente traballan co tema en cuestión na aula e os escolares presentan unha actitude moi participativa. Investigan, profundizan nos temas e comparten o atopado co resto dos compañeiros. 

Tamén recorren a outras seccións do Xornal Escolar, como por exemplo "Encadenados". Traballan nos contidos, comentan o vocabulario, buscan sinónimos e antónimos ás palabras que previamente seleccionan e realizan debates sobre a temática da semana. Todas estas accións que realizan na aula permítelles ler calquera nova do xornal cun espíritu crítico e entender moito mellor o que se lles está a contar. No momento que teñen diante unha nova, o primeiro que fan estes escolares de Celanova, é aplicar as 5W do Periodismo: Who, What, When, Where y Why (quen, que, cando, onde e por que) e así entender e poder expoñer a nova dun xeito completo. Gústalles ser investigadores e saber sempre máis do que se está a falar. Outro dos aspectos que máis lle gusta do Xornal Escolar é cando se publica algunha das actividades que realiza o seu colexio, encántalles buscarse nas fotos e saber que o que realizan nas aulas é moi importante e sae publicado no xornal os mércores.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma