CONCURSO DE TELEMIÑO

Xornalistas de Cualedro con moita "chispa"

A comunidade educativa do colexio CEIP Vicente Risco está moi unida e traballa arreo para que o seu centro sexa un espazo alegre onde os escolares aprenden no mellor dos ambientes

"Son uns nenos e nenas con moita chispa", así o asegurou a presentador do programa Xornal Escolar, Conchi Pérez, cando que presentou aos escolares do CEIP Vicente Risco de Cualedro. Así o demostraron durante todo o programa e no momento que as cámaras de Telemiño os visitaron no seu colexio. Merchi Iglesias, a directora do colexio, foi a profesora convidada ao programa, onde estivo acompañada por tres copresentadores de excpeción, Alejandro Camino, Ainara Gómez e Sebastian Nieves, máis coñecido por todos como Basti. 

O programa arrancou cun vídeo de presentación do centro, onde os espectadores foron testigos do aspecto renovado que presenta o centro tras unha serie de melloras. Froito dun gran esforzo de toda a comunidade educativa e coa axuda do Concello, pintaron as instalacións e melloraron a imaxe do centro, "buscamos que o centro non morra e que se cambie a imaxe dun centro obsoleto e descoidado", así o manifestou a directora do centro durante o programa. 

Tras a presentación, tocou o turno de poñer a proba á profesora convidada e sometéronna a unha serie de adiviñas. Os alumnos, durante a visita de Telemiño ao centro gravaron unhas pistas e xa no plató, Merchi tivo que acertar do que estaban a falar.

LA REGIÓN NAS AULAS
O xornal é unha ferramenta de traballo en moitos centros de ensino e en Cualedro tamén recurren a este medio para estar informados, buscar información precisa e realizar traballos na aula. Os escolares do CEIP Vicente Risco deron conta do ben que se lles da consultar o xornal e incluso se atreveron a ler algunhas das novas que recollía La Región.
RONDA DE PREGUNTAS
Tras este apartado, chegou un dos momentos máis agardados do programa, os tres copresentadores tiveron a oportunidade de formularlle unha serie de preguntas á directora e deste xeito saber algo máis da súa profesora.

A que adica o seu tempo libre?
Principalmente a disfrutar. Aproveito para ver á familia, tomar algo cos amigos, tamén estudo algo e paso o tempo coa xente que me importa.

Por que decidiches ser profesora e non médico?
A miña ilusión nun principio era ser médico, pero por unha situación persoal cambioume a forma de pensar. Vin algo que non iba conmigo e enfoquei os meus obxectivos a outra cousa que me gustaba que eran os nenos e decidín ser profesora. Hoxe vou traballar e vou feliz e esto para mín é fundamental.

Que che gustaría estudar?
Son unha persoa moi inqueda e cando cheguei ao centro dinme conta que había unha serie de problemas que ao mellor non sabía ben como afrontar polo que comecei na Universidade de novo e estou a estudar Pedagoxía Terapéutica.

Tras este turno de preguntas os escolares de Cualedro foron testigos dunha reportaxe gravada no Club Deportivo Asesou, onde un grupo de escolares do colexio Cardenal Cisneros compartiron unha estupenda mañá de actividades relacionadas coa escalada.

ALTERNATIVA OCIO
Antes de despedir o programa, Susana González, de Marketing La Región, visitou o programa para presentar a axenda das próximas actividades que se van a levar a cabo e que organiza La Región. Por unha banda están as actividades do programa +Deporte que nos traerán o "Día do Baile", o 29 de abril, para conmemorar así o "Día Internacionald a Danza", convidando a nenos e maiores a pasar unha xornada do máis divertida no Xardín do Posío, onde haberá masterclass e múltiples actividades paralelas relacionadas coa temática. Susana tamén nos adiantou que para o 6 de maio están a programar unha xornada de patinaxe e moi pronto nos dará máis detalles que se poderán consultar no diario La Región.

Para despedirse do programa, os escolares de Cualedro decidiron adicarlle unha canción a todos os que semana tras semana non se perden o programa Xornal Escolar.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma