DE QUE SE FALA

Como convertirse nun xove emprendedor

Pautas para tomar a decisión de atopar e desenvolver o noso propio talento e decidir o noso propio destino

Xornadas de conferencias de Xóvenes emprendedores en La Molinera, Centro de Innovación Social e Dixital do Concello de Ourense.
Xornadas de conferencias de Xóvenes emprendedores en La Molinera, Centro de Innovación Social e Dixital do Concello de Ourense.
Como convertirse nun xove emprendedor

Hoxe en día cando falamos de mundo laboral utilizamos a palabra emprendemento ou espíritu emprendedor. É un tema amplo que responde a unha necesidade real tanto de carácter económico como persoal. Pero emprender é moito máis que buscarse a vida traballando por conta propia. Afortunadamente, o espíritu emprendedor é unha capacidade que se pode desenvolver dende a infancia potenciando o desenrolo de certas aptitudes e, sobre todo, a potenciación dalgunhas actitudes. Por eso, cando se fala de espíritu emprendedor falase de creatividade, asertividade, confianza nun mesmo, capacidade para resolver conflitos e para a toma de decisión, pensamento positivo, etc.


Actitude emprendedora


Manter unha actitude emprendedora permítenos tomar as rendas da nosa vida e non deixarnos levar por condicionantes sociais e as circunstancias do momento. Unha persoa emprendedora é capaz de decidir sobre o que quere facer coa súa vida, buscando alternativas que lle permitan pasar por riba das limitacións impostas polos demáis ou por un mesmo, e adaptándonos as circunstancias buscando oportunidades e fortalezas, no que incluso a veces pode resultar negativo. Esta actitude emprendedora é importante que tanto as familias como os docentes sexan capaces de trasmitirlla aánenos e xóvenes. 

Debemos ser conscientes que estes aprenden do que ven maís do que oen, os nenos aprenden imitando, tanto o bo como o malo, e eso vale moito máis que calquera cousa que lle queiramos ensinar verbalmente, tanto na casa como no colexio. Tanto as familias como educadores deberíamos dar exemplo, vencer os noso medos e empezar a decidir por nós mesmos que clase de vida queremos vivir de maneira crítica e constructiva e demostrando que querer é poder. 

Hai que deixar de lado que expresións do tipo "oxalá fixera", "que pena non dedicarlle máis tempo" e empezar a pensar en facer eso que non fixemos, ou a dedicarlle tempo a eso que sempre quixemos facer. Será o mellor exemplo para despertar nos máis xóvenes o interese por descubrir os talentos e por construir o seu futuro de forma activa.


Como potenciar o espíritu emprendedor


Moitos artigos e expertos no tema consideran que a base para un bo emprendedor está en: 

1. Diálogo activo: dialogor cos fillos é fundamental para axudarlle a descubrir os seus talentos e intereses. 

2. Aprender a decidir e aprender dos erros: deberíamos deixarlle decidir sobre cousas importantes para eles e estar o seu lado á hora de afrontar as consecuencias. Aprender a recoñecer os erros e analizalos é fundamental para buscar outras alternativas e non perder nin a ilusión nin o foco nos nosos obxectivos. 

3. Desenvolvemento creativo e expresión artística: dende que nacemos a nosa expresión artístca está moi dirixida, xa que moitas veces non lle deixamos facer como eles queren e se lle pide o que teñen que facer exactamente. 

Buscar un tempo e un espazo de expresión libre axúdanos a todos a coñecernos mellor, a liberar as nosas ideas e a reflexionar sobre as nosas motivacións. A arte permítenos dar solución a problemas reais ou imaxinarios e a plantexar diferentes posibilidades sin riscos. 

4. Buscar exemplos positivos: axudar a aceptar as propias limitacións e a buscar as posibilidades de cada un. 

5. Innovar: calquera escusa é boa para facer as cousas de maneira diferente pero que desperte o interese e motivación de ambas partes. 

6. Ante todo, bo humor: tomarse as cousas con humor é unha excelente forma de afrontar a vida e a mellor maneira de que o optimismo sexa palpable.


Xóvenes emprendedores


Moitos son os xóvenes emprendedores que se arriscan a facer realidade as súas ideas e consolidar as súas empresas ao largo do ano. No ano 2017 moitos destes xóvenes conseguiron co seu talento e traballo recoñecidos premios.

Eduardo Jorgensen. Foi premiado co galardón ao Innovador do ano en España 2017 pola institución educativa MIT ( Massachusetts Institute of Technology).

Eduardo é o CEO de MedicSen, coa que pretende ofrecer solucións a enfermidades crónicas como a diabetes. 

Para elo está traballando na creación dun páncreas artificial que sexa capaz de proporcionar a insulina automáticamente, e así libre os pacientes de inxeccións e máquinas.

Miguel Luengo Oroz. Creou Spotlab, un conxunto de proxectos coa finalidade sanitaria, entre eles atópase MalariaSpot, unha ferramenta médica que axuda a detención temperá de enfermidades, sobre todo, as que afectan as máis desfavorecidas.

Álvaro Pérez Ínigo Iriondo, Jorge Sánchez y Pablo Ramos. Estes catro amigos crearon Basik Sessions, que traslada o espíritu da industria musical americana a España. Encárganse de organizar concertos musicais acústicos, donde o artista crea un clima íntimo co seu público.

Pedro Moneo Lain. É o CEO e fundador de Opinno. Especializado en axuda a todo tipo de empresas  a realizar a súa transformación dixital e emplear as innovacións que levaron ao éxito a startups e  novos negocios.

Antonio Ortega, José Manuel Ricoy e Carlos Schmitz. Estes tres emprendedores coñeceronse nun MBA de negocios e sairon de alí con Smitzy. 

É unha tienda virtual que ofrece moda masculina, made in Spain, elegante e novidosa. O seu negocio chamou a atención do sector porque en 7 meses de actividade online, conseguiron unha clientela dun 35%.