Cartas al director

Poñamos que falo de alguén de Madrid

É un ser de luz, con un corazón cheo de virtude, que lle sobra saúde, de mirada doce e anxelical, bendecida pola conferencia episcopal negou os vellos o hospital, total ían morrer igual. Foi por caridade cristiana tal selección humana e non foi de poder abuso, tan so que o protocolo dixo a morte fixo e por causa de algún bruxo que os informes foron o lixo.

Amante da tradición popular, sendo patriota de casta pura, os touros son para ela cultura e sempre busca algún belén armar, con sua man de santa, sua voz que encanta. Entre comisionistas e defraudadores paixóns levanta, caen ós seus pes rendidos, nunca serán vencidos e serán por ela defendidos. Sua orixe familiar é xente de ben, defensora do que mais ten, vende, en caixas estampadas con lazos, libertade a prazos, págase en dereitos; para gays e lesbianas o goce e disfrute de dereitos serán os camiños estreitos. A libertade de expresión ten pouca defensa, con ameazas á prensa se a decir verdade é propensa. Para quen quere dar ós seus digna sepultura, despois dos crímenes da dictadura, esperalle non pouca amargura, atrancos se están en barrancos ou cunetas, pra que andar raspando ósos con paletas? Para traer á memoria o que nos ocultou a historia? Tamen os dereitos van ó limbo para quen queira respirar o aire limpo, ela gosta de percibir un certo arume ó fume dos escapes e non lle fai ascos a sufrir en atascos, e libres si, pero non para mercar píldoras en frascos para lixeiras de cascos.

Libertade, libertade! Libertade o seu colo!, ela dalle tal arroubo que nela, non hai dereito con acougo. Suas bágoas de perseguida fan rigueiro polas meixelas, o pobo navega feliz por elas e ve na vida íntima inxerencia por unha pequena diferencia con esa endemoniada axencia pola que todos pasamos, e non todos pagamos.

Un presidente obsesionado, con falta de sono, anda pintando o mono e quere ver ó mozo condenado, ten manía persecutoria, pero o amor forte desa parella está unido por un cemento especial, leva mezcla de fraude fiscal,falsificación de documento, tráfico de influencias... e o máis importante, a bendición divina. O amor triunfará diante do roxo dedo acusador do inferno.

Viva a libertade e o amor!