Cartas al director

María Vázquez, gañadora do Mestre Mateo á mellor interpretación feminina

María é a protagonista pero quere que as outras 27 persoas da Sala Numax nos sintamos partícipes, cómodos e conectados.É cercana e con moita forza na mensaxe.Como a súa camiseta. 

 “Os directores teñen que xerar un clima de traballo para que todos esteamos na mesma onda”. Nalgunhas rodaxes pasou medo e tivo que ir a chorar ó baño porque lle berraban. “Non podía facer algo creativo con esa tensión”. Agora busca contextos de respeto e seguridade.”

Isaki Lacuesta fai dinámicas grupais. Agóchase debaixo da mesa e vai dicindo cousas. Os de son sofren moito. Mixtura actores con outros que comezan.  A actriz confesa “odio o termo actores naturais para os que non son profesionais. nos tamén queremos selo”.

Cando prepara unha película ten que baleirarse para deixar entrar outra persoa.  “Son bastante ansiosa. Fago exercicios de concentración e ioga, medito, vou a terapia”. Se veñen etapas de menos traballo “é importante ter unha familia e unha vida persoal. E relacionarse con xente que non sexa do sector.  Ter rutinas para non entrar en barrena. Ter unha horta dame terra. Non chega o que é mellor senón o que máis resiste”. 

Para Matria ambientáronse vendo pelis de creadores como Kem Loach. E Perra de Rigoberta Bandini tiña o ton adecuado para unha escena de empoderamento feminino con Susana

Sampedro nunha taberna. “Cando volvía a casa de facer Matria os meus fillos dicían que sempre estaba anoxada. Ata seguía co mesmo acento”.

A enerxía de Los pequeños amores é cara o pequeño. Con Celia Rico traballaron moito cine xaponés. Plano estático, desde fóra e con moito simbolismo.”Afectábame o clima de moitísimo calor que había en Barcelona. Quería suicidarme!” bromea a actriz.

En Nosotros de Helena Taberna, baseado nunha novela de Isaac Rosa, fálase dunha ruptura amorosa.”Chegaba a casa angustiada. Creo no amor? Rematará o meu matrimonio?”.