Cartas al director

Cataluña

Daqueles barros veñen estes lodos. Recurrido o estatuto de Cataluña polo Partido Popular, xudicializada a política polo mesmo partido, vista a composición dá Fiscalía e do Tribunal Constitucional por algúns membros procedentes dos principais partidos. Os españois votamos ós políticos en función dos seus programas e que eu saiba, non se contempla a "elección a dedo" en ningún deles, polo que a proposta de algún para formar parte dos órganos xudiciais non se axusta a dereito. Outros son os camiños de acceso a ese postos, independentemente da ideoloxía do concurrente.

O tancredismo do señor Raxoi ó mirar para outro lado, o sen facer dende hai varios anos, produciron no Goberno da "Generalidad" un estado de acoso, de falta de dialogo, que axuda aínda máis a encona-lo tema que a solucionalo.

O Partido Popular, co seu presidente a cabeza, pasóulle os trastos de matar á fiscalía e ó Tribunal Constitucional, pra que entre "ó descabello" con Cataluña, namentres que o señor Raxoi desenténdese de todo e dí: Actúen vostedes que eu desto non sei nada.

Don Adolfo Suárez, presidente do noso país, xa tivera saído "ó ruedo" e había collido o "touro polos cornos", aínda que non lle gustase a algúns membros do seu partido, e torearía co capote, no que claramente se diría: "a solución está no diálogo e só diálogo", pero vostede coma sempre "quédase no burladero", e ó máis que chega é a decirlle ós cidadáns cataláns, que se os chaman para formar parte de algunha mesa non vaian, xa que non se pode votar, que non haberá consulta.

Imaxínome que vostede esperará ó 2 de outubro para actuar, pensará que é máis rentable falar con un Goberno vencido e humillado presuntamente que con un Goberno que leva anos esperando se solucionen os seus problemas e que vostede polo seu silenzo é o principal responsable de que non se solucionen.

Eu aconséllolle que dialogue hoxe mesmo, e vostede coma galego recorde a estrofa do noso himno que di: "Somente os imbéciles e escuros non se entenden non". Comuniquello tamén o señor presidente de Cataluña.