Escolares de Primaria demandaron unha actividade de danza e a Concellería de Educación sorprendeunos con "En escena"
A Concellería de Educación do Concello de Ourense volve a amosar o seu firme compromiso cos escolares e busca sempre atender ás demandas dos centros de ensino. Nesta ocasión, o programa didáctico "En escena" foi demandado polos escolares e a resposta foi tres días de intensa actividade coa que se achegaron a esta disciplina artística.
Días antes da actividade, o profesorado dos centros que participaron na actividade tiveron á súa disposición unha unidade didáctiva elaborada pola propia concellería para que xa puideran ir preparando esta actividade previamente nas aulas e chegar ao salón de actos da Escola Municipal de Música e Teatro de Ourense, cunhas nocións básicas que lles permitirían gozar máis desta completa actividade na que todos os participantes amosaron ter moito interés.
O obxectivo que persegue a Concellería de Educación con este programa non só foi dar a coñecer a danza máis actual, senón animar aos alumnos e alumnas a practicala, xa que se trata dun exercicio do máis completo e saudable.