material de seguridade

Castrelo licita a compra dun vehículo de rescates

O custe do vehículo financiarase cunha axuda de 32.000 euros que recibiu o Concello

O Concello de Castrelo de Miño vén de anunciar o concurso público para a adquisición dun vehículo que será destinado a actuacións de protección do medio ambiente e do espazo natural. Concretamente, trátase de mercar unha mini-grúa 4x4, que vai ser utilizada para este tipo de actividades, incluídas aquelas que teñen por obxecto a prevención, extinción e xestión de situacións de sinistro ou risco que se poidan declarar no municipio.

O custe do vehículo financiarase cunha axuda de 32.000 euros que recibiu o Concello, ao abeiro da convocatoria de subvencións do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2017  da Vicepresidencia da Xunta. Disporá dunha cesta elevadora portapersoas con capacidade para dous operarios, e pode maniobrar tanto en zonas forestais como nas rúas máis estreitas dos cascos urbanos no caso de situacións de emerxencia.

Te puede interesar