Escolares de Taboadela recibiron a visita do grafiteiro Camilo Dasilva nunha xornada diferente e moi divertida
Están a ser uns días de moita actividade na Escola de Educación Infantil de Taboadela onde recentemente participaron nunha interesante actividade onde a arte urbana foi protagonista. Para profundizar na temática dos grafitis e, por suposto, para poñelo en práctica, os escolares de Taboadela xunto a súa profesora María recibiron a visita de Camilo Dasilva, un verdadeiro experto na materia que impartiu unha pequena charla e despois realizou unha serie de grafitis.
A actividade foi un éxito e os nenos aprenderon moitas cousas interesantes sobre esta arte urbana.
A principal finalidade da iniciativa era que os cativos coñeceran algo máis sobre o mundo dos grafitis, pero tamén decorar algúns espacios do centro e chamar a atención para que a matrícula desta escola se incremente.