ARTE ET ALIA

María Prada pechando aspas

<p></p>
photo_camera As olas de Lección de Tohoku.

A profesora francesa Anne Heyvaert, doutora pola Uvigo, recoñece que esta exposición da sala do Campus de Ourense é ‘o resultado de varios anos de complicidade’

Anne Heyvaert, coordina a exposición de Alterarte, de María Prada, alumna súa de Doutorado na facultade de Belas Artes de Pontevedra. De aquí ven, esta nova folla do proxecto de Xosé M. Buxán Bran ‘Estado Crítico 10 curador*s 10 artistas’, unha aposta artística enriquecedora para Ourense que se está a desenvolver dende o curso 2015... A profesora francesa do campus pontevedrés, doutora pola Uvigo, recoñece que esta exposición da sala do Campus de Ourense é ‘o resultado de varios anos de complicidade’ coa emerxente artista María José Prada Domínguez, iniciada en 2011 cando comezou a súa titoría de Grao. En canto ás súas orixes ela mesma sinala, ‘Empecé mi carrera como arquitecta, pero creo que ese tiempo ya ha pasado… prefiero crear y pensar sobre cosas artística’. Dende a especialidade de urbanismo en 2001 a autora pontevedresa ábrese a outros intereses, como o dos artistas visuais, e o deseño gráfico, centrándose na edición dos libros, ben impresos: elo será, sen dúbida, dende a súa participación nos talleres de libro de artista, fotografía e gráfica con Susana Golpe, Din Matamoro ou Héctor Francesch, entre outros, e os seus propios traballos con papel pregado que inicia en 2012 como proxecto académico. Traballa así coas mans o papel, para debuxalo e pregalo, dispoñéndoo en patróns e darlle cortes, facendo que os debuxos acaden outras lecturas, e unha nova vida. Nestes días participa tamén na colectiva Le Pli-El pliego-A Fold no Campus de Pontevedra, con un grupo de investigación, ‘dx5 digital graphic art research’, da man da súa titora. Le pli é, coa súa simpleza, un reto pois con una soa fracción delimita catro espazos distintos en oposición, mais tamén a contigüidade e reflexividade, ademais dunha secuenciación, como pasa con un libro que, no fondo, é a unión de pregues. ‘Le pli’ é tamén unha obra, coa que gañou un premio na Bienal de Pontevedra, tamén aquí: nel está a esencia da praxe desta artista.

Trae a doctoranda a Ourense unha decantada síntese que inicia coa obra ‘autorretrato’ de 2010. A maioría son pezas pequenas, que xunta en series, como as Tres Gracias, tres cabezas de muller con unha postal do mosteiro de Oseira enriba en dúas, obras con vocación de tríptico en metáfora surrealista. Enfronte está a serie de San Cibrao, tamén de 2015, seis fotos impresas en caixas de madeira con collages de papel pregados que sobresaen do plano do fondo, pescadores e mulleres, unha balea, e un esqueleto da estrutura dun edificio. Amplía así a nosa percepción, engadindo ademais profundidade en capas co papel ou pregados, un deles a rede de pescar, que sobresae do marco como buscando peixe... A lección de Tohoku, é entre todas a máis salientable, nunha mesa-vitrina. Baseada na coñecida obra ‘a gran ola de Kanagawa’, de Katsushika Hokusai, un gravado de 1830 co monte Fuji dende a mar picada, que Prada dispón con un mapa e varias follas impresas dixitalmente que levanta en semellanza do oleaxe con escuma, impacto visual que resume o seu coñecemento e mestría co papel vexetal pregado.

Te puede interesar