O grupo socialista, ademáis, pídelle ao conselleiro Rey Varela que respete o prometido é presente un proxecto de centro terapéutico para discapacitados e que sexa de xestión pública.
O PSOE levará ao pleno do Concello de Ourense e ao parlamento autonómico a petición dunha Unidade de Ictus no CHUO. Consideran que se trata dunha nova mostra da discriminación do goberno de Núñez Feijóo coa provincia xa que Vigo, Santiago e A Coruña sí teñen esta unidade. A maiores, solicitan unhas novas instalacións para a Ascociación Renacer, pera que poida atender a un maior número de usuarios.
A maiores tamén piden unha solución a petición da Plataforma PROCAPD. Pídenlle ao conselleiro Rey Varela que cumpra a súa palabra, que retire o proxecto do centro ocupacional e que presente un centro terapéutica que é o que piden os pais, co número de prazas que eles demandan e garantizando que sexa un centro de xestión pública.