Opinión

O moucho no peña

Cando pecha un local de hostelería hai varias opcións: que quede baleiro (como a Romántica), que se modifique o uso (como a Ibense) ou que o substitúa outro do mesmo sector, como en tantos casos polos Viños adiante. 

E cando se produce esta última circunstancia á continuidade inercial hai que lle sumar as achegas dos novos xestores que irán creando unha esencia propia. Quen nos ía dicir que acabaríamos ceando sentados no piso superior do Trangallán-Comellón uns ovos rotos con cuada, ou que íamos comer empanadillas de lacón con grelos no San Xes-Xes, antes de entrar no Teatro? 

Pero se o local levaba tempo pechado, o novo espírito aprópiase do espazo, sen competencia coa memoria. Tal é o caso do Café Peña nos soportais da Praza do Ferro, trasmutado el xa na cervexaría O Moucho. Pero este novo espírito non é inxel como de local que empeza, senón de maduro éxito emigrado desde a súa localización anterior da rúa Concordia. Vinte e sete anos levaba naquel entrañable “tobo” ao que se chegaba baixando escaleiras como antes ó vello Tamanaco, Café Club ou o Yopo, e permítanme que me lembre deste último no cincuenta aniversario do golpe de Pinochet por razóns que algúns entenderán. 

E non sei cando sei cando se lles inauguraría o Peña, pero hai moito, máis dun século. Hai anuncios en La Región, en 1910, nos que se anunciaba que tiñan ostras. Ostras que alí ía comer Vicente Risco cos amigos. Disto fala nun artigo en La Región, o 18-0-1958, titulado así: “El café de la Peña”. Di Risco: “Hace muchísimos años, tantos que ya no recuerdo cuando fué, acaso cuando esperabamos a las chicas a la salida de las novenas (...) conocí el café de la Peña (...) El Café de la Peña tiene un sótano y a aquel sótano íbamos algunas veces, al anochecer, Silvio París, José Rodríguez Bouzo y un servidor, zampábamos unas docenas de ostras y nos marchábamos”. Tamén nos conta que desde fóra se oía como cantaban os números da lotería, pero non debían ser bos clientes: “Durante bastantes años hicimos tertulia, antes de comer, delante del Café de la Peña. Íbamos Fernando Ramos, Berbén, Eduardo Neira, los Temes, Florentino Cuevillas y otros. Estábamos, por lo regular, de pié, formando corro o formando fila, se hablaba, se murmuraba, se discurrían bromas más o menos pesadas. Eduardo Neira se sacaba sangre de una muela para figurar que estaba turberculoso y que esputaba rojo, o insultaba, imitando su voz, a la ‘muchacha de Moure’ que venía por agua a la fuente. (...) Era por la guerra del 14. Cuando empezó la ofensiva aliada en el Marne, Bernardino Temes, que era francófilo decidido pero pesimista, comentaba ‘É unha ofensiviña”.

Pero o dito, malos clientes: “Todo muy bien, pero nadie consumia nada del café, ni pedía un vaso de agua. A pesar de ello, el propietario, el señor Miragaya, nos sacaba frecuentemente sillas y hasta una mesita de mármol”. 

E remata o artigo preguntándose segredo da súa “ejemplar perdurabilidad” e sinala: “El tono antiguo, pero modesto, familiar, serio y formal que se advierte aun sin entrar en él, aun sin ‘guichar’ por los cristales pintados del escaparate y de la puerta del Café de la Peña, denota la presencia de cierto espirituo fundamental de las ciudades como fue Orense, y que es la fuerza que vive en su raíz. De todos modos es algo indefinible. Pero tampoco es todo. Queda siempre un residuo de misterio”. 

Risco e os amigos estarían encantados da sucesión do Peña ao Moucho, templo laico de cervexas, literatura e vida. Parabéns e unha vida tan longa como o predecesor. 

Te puede interesar