Opinión

A mota grande

Aconteceu isto nos inicios dos 90 -van alá máis de vinte anos- e daquela tocoume facer varias informacións envoltas nunha certa aureola de misterio, non en van os veciños falaban duns franceses que estiveran uns días en Bande, quen sabe se coa única intención de violar a anta.

Fose isto certo ou non -descoñezo se a administración deu con eles-, o caso é que aquela desfeita serviume para recabar a opinión da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia daquel momento e dos responsables do patrimonio arqueolóxico do Parque Nacional Peneda-Gerês, que andaban ensarillados naqueles intres en pleno proceso de escavación dunhas mámoas máis pequenas situadas a poucos metros da Mota Grande, ó outro lado da raia imaxinaria que separa administrativamente o planalto, formando parte -como dicía esoutro día- do conxunto dolménico máis numeroso do sur de Europa.

E dado que a visión que uns e outros tiñan sobre o que había que facer coa Mota Grande era xa daquela radicalmente diferente, permítome traelas a colación porque non fan máis ca reafirmarme Avisita ó dolmen de Dombate levoume a retornar sobre uns vellos papeis de cando un desalmado cunha retroescavadora pensou que no túmulo da Mota Grande (serra do Leboreiro) estaba agachada a riqueza de Potosí e sen o máis mínimo remordemento meteu o cazo a cachón sobre a anta e desfixo unha boa parte da que disque é a mámoa máis grande de Galicia.

nesa teima que me trae nun sen vivir dende hai tanto tempo, cal é a da imperiosa necesidade que temos os galegos de transformar o noso patrimonio cultural nun recurso económico ó nivel do viño, as patacas ou a pizarra do Sil.

Así, mentres os investigadores portugueses avogaban por converter o conxunto "nun importante polo de atracción turística, pois a paisaxe de planalto é indisociable das marcas simbólicas que estas mámoas constitúen", ós responsables do patrimonio arqueolóxico galego non lles parecía aconsellable "proceder á escavación íntegra do xacemento" porque "en Galicia xa existen escavados outros dous destas características e serviron para comprobar que a escavación é unha das principais causas do seu deterioro".

É dicir, igualiño que pensaron os descubridores da tumba de Tutankamon, os da Gran Dolina de Atapuerca ou os que exhumaron, para beneficio actual da cidade, o teatro romano de Mérida.

Pois, malia que semelle incrible, aínda hai quen defende que o patrimonio arqueolóxico foi posto aí pola historia co único obxecto de que os arqueólogos teñan con que entreterse ó longo da súa traxectoria profesional.

Te puede interesar