Opinión

Soñando Ourense

Cando dende a “paz de espíritu” que a condición de xubilado reporta, cando soñas Ourense, cando soñando Ourense te decatas da falla de amplitude de miras de algúns, cando ves a case todolos representantes do pobo adicados a proxección termal da cidade, cando te plantexas que ainda no suposto de que ese descoordinado esforzo acadase un gran e imprevisible éxito, este non nos reportaría nada máis que a chegada dun certo “turismo de mochila” a tenor da descoordinada oferta global argallada.

É neste intre e logo de todas estas consideracións, cando botas en falla un proxecto máis ambicioso (“sempre hai que marcar como obxectivo o imposible pra acadar o razoable”). Un proxecto interdisciplinar que sexa capaz de integrar en si mesmo varias das actividades produtivas que o longo do tempo conqueriron ser seña de identidade da nosa existencia como pobo.
“Ourense: A maior area comercial de Galiza”. Alá pola década dos setenta o diario La Región fixo un estudo que determinaba que Ourense era a maior area comercial de Galiza. Por que? Se trazamos un círculo dun radio de 100 kilometros o redor dos sete maiores núcleos poblacionais de Galiza (A Coruña, Ferrol, Santiago, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense) decatarémonos de que a área resultante maior é a de Ourense, o engadir este zonas tan importantes coma as do norte de Portugal, este de Pontevedra, sureste da Coruña, sur de Lugo e oeste de Castela-León.

E chegados a este punto escomenza un a soñar. E soña cun espazo ubicado ó redor do eixe da rotonda de Cachamuiña–Monterrey, dadas as súas variedades de acceso.

E soña cun proxecto composto por cinco sub-proxectos ubicados xeográficamente no norte, sur, este, oeste e centro de esa hipotética superficie elexida:

Norte: shoping-oulet. Baseándonos na capacidade de produción que de deseño téxtil se atopa ó redor da devandida zona (Carolina Herrera, Purificación García, Roberto Verino, Adolfo Domínguez, etc.) sería atractivo darlle forma a un proxecto que mesturase as posibles visitas ás nomeadas fábricas coa atractiva actividade a desenrolar nun espazo de oulet-shoping.

Sur: Bacolandia. Trataríase dun espazo dividido en catro zonas destinadas a actividade de venda e degustación de viños e produtos típicos de cada unha das catro denominacións de orixen (Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei) xunto cunha sá dual de exposicións e conferencias onde se desenrolarían actividades relacionadas coas devandidas rexións ourensás.
Este: hotel de tres ou catro estrelas.
Oeste: centro de eventos e celebracións

Centro: escola de hostalería. Estaría unida soterradamente coas outras catro zonas, có fin de que, por acordos de protocolos fundacionais, tiveran a función de darlle servizo de restauración ás mesmas, o que a convertiría nunha das escolas de hostalería máis solicitadas dados os altos graos de prácticas remuneradas que lle suporía ós alumnos o longo do seu periodo de formación.
Sobor desta base seguimos soñando e argallariamos unha central de turismo que se encargará de promover e coordinar as distintas ofertas pra viaxar a disfrutar dunha fin de semana na que, a maiores do aloxamento, poderiaselle ofertar ós posibles viaxeiros a posibilidade de visita ós centros de produción, compras no centro comercial, almorzos e ceas nas distintas variantes existentes en Bacolandia e pra quen non se sentise atraído polas xa mencionadas posibilidades, unha máis coma é a de practicar golf nas instalacións próximas de Monterrey, por ser ista unha das razóns da elección da ubicación xeográfica do proxecto.

Pra rematar, e co desexo de conquerir que os sonos poidan seguir vivos dándolle continuidade, nada mellor que por en marcha a posibilidade de que un grupo de persoas interesadas e atraídas polo desexo de compartir este sono se agrupen ó redor dun proxecto de crowdfunding que nos permita ver deica onde se pode seguir soñando este e outros posibles sonos, porque o mellor e certo aquelo de que “a unión fai a forza”.

Te puede interesar