Opinión

DO COMUNISMO Á MONARQUÍA

Dicir que levo a Corea nun anaquiño do meu corazón pode parecer unha rareza, mesmo unha parvada, pero é verdade. Poucas cousas modelarían tanto o imaxinario e os valores da infancia como as coleccións de cromos. De rapaz coleccionei (aínda que nunca a rematei) 'A Guerra de Corea', pouquiño tempo despois de cando se desenvolveu o conflito que a punto estivo de ser atómico. Coido que foi a miña primeira colección. Como é natural, as historias que se contaban no álbum eran maniqueas e un tanto burdas, pero dende entón teño a Corea moi presente no mapa, e en canto salta o tema volvo á guerra, á miña primeira guerra. En realidade iso mesmo aconteceulle a Corea do Norte, que vive aínda onde eu teño a memoria, na Guerra de Corea, da que non hai quen os saque. Atrincheirados na memoria, e rendindo patético culto ao pasado, é natural que convertesen un réxime comunista nunha monarquía absoluta.

Te puede interesar