Opinión

Os carreiros da inocencia

Arsenio Lixeiro Cortapisa deixou ó rapaz no instituto e quixo facerlle honor ó seu primeiro apelido: ir andando á biblioteca municipal na rúa Concello desde o Paco Paz de Ourense. E tiña que ir lixeiro porque o rapaz podía saír do exame en calquera momento. Pegoulle ritmo ás súas pernas e pasaba o tempo coa música nos oídos e contemplando as matrículas dos coches. Arsenio Lixeiro sempre tivo un non se sabe que polas matrículas dos coches. A proba é que coñece a xente coa que se cruza moitas veces nas estradas polas matrículas. Incluso a aqueles que son descoñecidos. Chega con verlle a matrícula unha ou dúas veces para quedarse con ela para sempre.

En media hora xustiña, Arsenio Lixeiro entrou na biblioteca, e foi ó buscar nos libros que quería coller cando se deu de conta do que realmente andou, pois axiña asomou á súa pel, a toda a súa pel gotas de suor de caían a chorro. E iso que Arsenio Lixeiro nunca foi moito de suar. Claro que ás catro e pico da tarde a temperatura pasaba bastante dos 30 graos na cidade das burgas. Non escolleu moito porque as présas eran enormes. Así é que case os tres primeiros libros que mirou foi os que levou.

E volta para o instituto Ferro Couselo. Vendo que intuía que chegaba a tempo, minorou a marcha, máis polo propio cansazo que polo tempo (se o rapaz saía, que esperase). A volta levoulle un chisquiño máis de media hora. Despois aínda tivo que esperar outra media hora máis. Xa esperou lendo e chorreando aínda suor e máis suor. Arsenio Lixeiro Cortapisa andou lixeiro

Te puede interesar