Opinión

Un chiscar de oito

Quixo un chiscar de ollo ser mensaxe de intolerancia cero, pero tan só foi unha burla cara ó destino do inferno. Sempre haberá momentos nos que un cachiño de silencio acougue sobre a forza do vento. Sempre haberá refachos de vento que tombarán ou arrincarán aqueles sentimentos que correron por entre as xestas do Medo. O tempo, quéirase que non, pasa sempre, aínda que sexa moi silandeiro. Quixo un chiscar de ollo debuxar sobre a pátina dun codeso o barullo infantil dun recordo. Porque o tempo (sempre o tempo) deixa as sementes da felicidade polo fondo dos regos para que un parágrafo, unha páxina, un libro nos descubra que aqueles momentos foron, son e serán o eterno soño, o eterno vivir dun neno, de calquera neno. Quixo un chiscar de ollo bailar coa morriña por entre os palleiros ata o útimo alento. E cando cansou abriuse o ollo esquerdo e a vida empezou a buscar o mellor carreiro.
 

Te puede interesar