Opinión

Fermosos poema tráxico

Aínda que só fose por "Forza bruta" e sobre todo por "Noite na cidade", Jules Dassin merece por dereito propio un importante posto reservado na historia do cine. Sobre "Forza bruta" Dassin pon algúns reparos debido ós cortes que sufrira a escena na que o sádico capitán Munsey golpea ó recluso Bill, ós acordes de Wagner, rodada como unha escena de amor. A miña opinión é que sendo unha excelente película, se de algo se resente é dun guión en ocasións demasiado obvio, e pola contra, se algo sobresae é a extraordinaria forza das escenas de violencia, pese a que na maior parte das ocasións Dassin propón moito máis que amosa.

Pero a súa indiscutible obra mestra é "Noite na cidade", rodada para Samuel Engels en Inglaterra, tras fracasar outra tentativa do produtor de que Dassin rodara "A viaxe de Simon Mc Keever" baseada na novela de Albert Maltz, que se frustrou polo feito de que o guionista que escribira "A cidade espida" estaba incluído na lista negra.

Cuns poucos planos Dassin somérxenos na atmosfera dun Londres chuvioso en 1931, para meterse nun percorrido sobre os baixos fondos londinenses, onde se move Harry Fabian, un home que pasando toda a súa vida correndo, fuxindo da sociedade, dos desgraciados, do seu pai, só terá uns poucos momentos de acougo na casa de Anna.

Durante esta primeira etapa o máis salientable do cine de Jules Dassin é unha descrición inigualable das grandes cidades, levada a cabo a través dunha mestura de documental e de poesía, pero sobre todo un enorme amor e unha infinita comprensión cara á uns personaxes perfectamente debuxados, o que non impedía que ante o espectáculo da inxustiza omnipresente se rebele e xurda con toda a súa forza o inconformismo do realizador. "Noite na cidade" é un dos máis fermosos poemas tráxicos do cine que nos relata a agonía dun rebelde inconformista, infinitamente superior ó mediocre mundo que o arrodea, pero que acabará asfixiado e asasinado por el.n

Te puede interesar