Opinión

Pedras contra o seu tellado

Houbo críticas, cabreos e rabia porque en Mérida estivo a piques de celebrarse un torneo internacional de pádel no mesmo anfiteatro, que é Patrimonio da Humanidade pola Unesco. E tan só houbo críticas! O que tivo que haber eran unhas boas labazadas para José Antonio Monago, o presidente rexional, porque querer permitir tal animalada, tal esperpento. No anfiteatro de Mérida! Si, oh, moito máis alá das labazadas. Se el non quere, se o Goberno Central tampouco quere, ten que ser entón o mundo enteiro (que para iso é Patrimonio da Humanidade) o que poña a ese señor no lugar que lle corresponde, algo así coma nun cortello. E o moi... (calquera nome despectivo) rebatía as críticas co achaque de que tamén acolle funcións de teatro e que ninguén obxecta nada. O pobriño non caeu na conta de que ese recinto é un teatro, de que foi un teatro moi, pero que moi antigo, pero teatro. Non entendo como hai mandaríns que van incluso en contra dos seus intereses, que tiran as pedras contra o seu tellado. Tiña que estar todos os días a pé de campo para conservar esa xoia, esa autenticidade e non para destripala a cachos. Menos mal que, ante tanta crítica, recuou. Normal.

Te puede interesar