Opinión

A primeira película cómica

Durante aquela época, Mabel Normand e eu interpretamos unha película xunto a Marie Dressler. Foi agradable traballar con Marie, pero non creo que a película tivese demasiado interese. Síntome moi feliz de poder volver dirixir eu mesmo”. Esta lacónica descualificación de Charles Chaplin da súa primeira aparición nunha longametraxe é inxusta, tanto coa película en si, como co significado que tivo na súa carreira e na historia do cine cómico en xeral.

“Aventuras de Tillie” (ou “O romance de Charlot”) (1914) foi a primeira longametraxe cómica do mundo; antigamente ningunha película cómica pasara das seis bobinas de duración. A lenda afirma que Mack Sennett, o director, sentiuse impulsado a emprender esta aventura debido á rivalidade co seu socio na Triangle Film Corporatin, D. W. Griffith, que estaba naqueles momentos embarcándose en “O nacemento dunha nación” (1915). No proxecto influíu tamén a moda de “intérpretes famosos en obras famosas”, que consistía en chamar a estrelas de Broadway para interpretar adaptacións de obras teatrais de éxito. “Aventuras de Tillie” levaba moito tempo representándose en Broadway e a súa estrela, Marie Dressler, era a maior personalidade cómica de Estados Unidos antes da Primeira Guerra Mundial.

A idea inicial de Sennett era a de realizar un vehículo para o lucimento da famosa actriz. Posteriormente lembrou como os guionistas se pasaron semanas e semanas loitando cun guión, mentres que Marie seguía cobrando 25.000 dólares semanais en espera de que se empezase a rodar o filme. E foi aí cando decidiu poñerse mans á obra. Para asegurarse o éxito utilizou ás dúas grandes estrelas dos estudios Keystone do momento, ou sexa, o Chaplin e a Normand, ós que lle encargou que lle deran a réplica á Dressler.

Tras 14 semanas de rodaxe (algo sen precedentes naqueles tempos), a película estreouse o 14 de novembro de 1914 e loárona moito tanto o público como a crítica. Tivo moitas reposicións e aínda, de cando en vez, a proxectan en algúns cines en versións abreviadas, explicadas ou con son incorporado. A personalidade humana da Dressler brilla con luz propia, aínda que a maior experiencia cinematográfica de Chaplin e a Normand colocáronos en posicións de vantaxe.

Te puede interesar