Opinión

O uso dunha expresión

Auga fresca no manancial dunha película que aínda non se rodou, que aínda nin tan sequera ten un guión. Pingas de suor que corren pola cara dunha persoa, dunha persoa calquera. Nugalla nun corpo de home ou de muller que queda quietiño ante a calor sufocante.. Hai nugallas que se notan incluso nos ollos de algúns seres humanos. Hai nugallas que non se producen tan só pola calor; a algúns chégalles con pensar no traballo a realizar. Raios de sol que marcan, que destinguen un rego dunha gabia, unha xesta dun piorno e un pardal dun verderolo. Os catro intermitentes do coche dan a entender que estará detido, mal aparcado, durante dous minutos. Mentira! Algúns botan incluso máis dunha hora. Somos moi dados a non facer ningún caso, a terxiversar as normas, a usalas como papel de baño. Despois cabreámonos cando nos chaman a atención, cando nos dan o recado. Que bonita é esta expresión: dar o recado. Antes usábase moito. Iso, antes.

Te puede interesar