Opinión

Aqueles tempos

Onte, ao atardecer, atopeime cun vello amigo da infancia que facía moitos anos que non nos viamos. Falamos dos nosas lembranzas de cando eramos rapaces e da visión do mundo que tiña a nosa xeración. A pesares da longa noite de pedra na que estaba sumido este país, eramos realmente felices; gozabamos no xogo, saboreabamos a comida, escoitabamos con atención as cousas que contaban os vellos, tiñamos ilusións de futuro, entusiasmábanos o cine e gustábanos as rapazas. A Alameda era o territorio onde se desenvolvían as pequenas aventuras que xurdían día a día sen planificación e sen dirección; agrupábanos en bandas nas que o líder era o máis forte e decidido, as batallas desenvolvíanse a croiazos e os vencedores controlaban o territorio. 

Os recordos forman a esencia da nosa identidade; somos o que fomos construíndo o longo da nosa existencia. Non podemos, ni debemos, renunciar ao pasado; o arrepentimento é un acto de renuncia a esa identidade e presupón unha loita con un mesmo sen posibilidade de modificar os feitos acontecidos. Debemos aceptar e asumir con humildade as nosas debilidades e ser capaces de analizar sen sentimentos de culpabilidade a nosa toma de decisións, sempre que non implicara agravios na dignidade do noso próximo. Nese caso non habería outro camiño que pedir perdón a aqueles que sufriron as consecuencias do noso comportamento; ese acto de responsabilidade debe de ser froito dunha profunda reflexión que libera o espírito e harmoniza a enerxía vital.

 Hoxe, transcorridos sesenta anos, podo afirmar que vivín momentos de felicidade. Non podo esquecer aqueles veráns na aldea de Limeres, a Rusia pequena, onde a nosa tía Julia ensinounos a ler. Faltaban os máis elementais servizos; non había auga, electricidade nin aseos, vivíase como en tempos do imperio romano. A cociña era unha lareira onde pacientemente se facía o xantar; as noites ó carón do lume escoitabamos os secretos da vida e faciámolo con respecto e certa veneración. Os xoguetes faciámolos nos cos materiais máis diversos: chapas, recortes de vellos xornais, caixas de mixtos, carrabouxos, cartóns, guizos, pelouros, sementes, barro… O certo é que non nos aburriamos nunca.

 Os acontecementos xiran a gran velocidade; as tradicións dilúense non océano de modernidade; a globalización masifica e individualiza nunha robotización aniquiladora. Nese remuíño deprimente so aqueles que controlan o pensamento poderán conservar a liberdade. 

As imaxes golpean as miñas neuronas; o pasado reclama o seu espazo no futuro. A materia vai desintegrándose para renacer con forza na enerxía redentora. Os espíritos dos que foron e xa non son néganse a deixar o seu lugar no mundo das lembranzas. Os vellos temos un patrimonio persoal único, é o tesouro acumulado o longo da existencia, nunca debemos renunciar a esa maleta que singulariza o noso ser.

Una nova despedida, e van? Como folerpas de neve os espíritos abandonan os corpos. Morte, fonte de vida; o ciclo da dualidade eterna. Aceptación, ética e consciencia; terapia contra o abatemento. Remato cunha frase del escritor Gilbert K. Chesterton: “Houbo un tempo no que se cantaba a coro o redor dunha mesa; hoxe un home canta so porque cree que canta mellor”; absurda crenza, o que realmente fai é teclear sen saber nada de música. 

Te puede interesar