Opinión

O mal no mundo

“Ata que día, Señor, hei de estar 
pedindo axuda sen que ti fagas caso?” 

(Habacuc 1:2)

Esas son algunhas das primeiras palabras do libro que escribiu Habacuc: vaia xeito de comenzar un libro! Todos temos preguntas que non sabemos responder, e vivimos situación nas que nada parece ter sentido; Deus non só nos escoita, senón que coñece a nosa vida e sabe respondernos no momento axeitado.              

 O profeta, ao igual que faríamos nos, establece un diálogo con Deus preguntando todo o que non entende e escoitando as respostas do Creador. Eso sempre me impresiona, porque ao leer a Biblia comprendo que Deus cuida de nos moito mais alén do que podo comprender ou imaxinar. 

No remate do libro, Habacuc é quen de dicir que ainda que todo vaia mal, e dé a impresión de que nada ten sentido “Seguirei alegrándome no Deus da niña salvación, porque él é a miña fortaleza”. Cuando cremos en Deus, vivimos confiados a pesares dos problemas que esteamos a pasar. Deus alegra a nosa vida porque nos ensina a camiñar por enriba de todas as circunstancias.

Te puede interesar