Opinión

Sofrindo por todos

“El cargou coas nosas dores,
el soportou os nosos sofrimentos”

(Isaías 53:4)

Isaías escrebe ao pobo de Deus, e comenza o seu libro dicindo algo impresionante: “Aborrezo a vosa adoración” (1:13-15). Nun momento histórico moi parecido ao noso, aquelas persoas que dicían amar a Deus, levaban unha dobre vida: ían a “igrexa” todos os días sinalados, pero facían o que lles daba a gana na súa vida; no día a día. Ninguén está máis lonxe de Deus que aquel que vive aparentando, e no día de hoxe (desgraciadamente) temos máis cristiáns “nominais” que nunca. 

  Por medio de Isaías, Deus fálanos a todos, dándonos a oportunidade de volver a El. É un libro impresionante porque seiscentos anos antes de que sucedera, o profeta explica como Xesús ía a sofrer e morrer por cada un de nós, e como resucitaría para nos dar vida. Tamén, no remate do libro, atopámosnos co que vai acontecer no futuro cando Xesús volva para restauralo todo: uns ceos novos e unha terra nova. 

Por iso, cando lemos o libro do profeta, a única resposta posible é achegarnos ao noso Salvador e seguilo. Ese é o único xeito non só de vivir unha vida íntegra, senón tamén de saber que a nosa vida non remata nunca.

Te puede interesar