Opinión

Como en tempos de Noé

“Como nos días de Noé, 
así será a vinda do Fillo do Home” 
(Mateo 24:37)

Existen moitos relatos semellantes ao diluvio relatado no libro do Génesis, pero iso non deixa de corroborar que algo aconteceu a nivel do todo o planeta Terra. Naquela altura aínda non existía a chuva como agora a coñecemos, senón que “ ... levantábase da terra un vapor que regaba toda a superficie do chan” Génesis 2:6, e isto concorda coas técnicas dos labregos en Mesopotamia, que dependían das inundacións dos ríos para os cultivos. O mesmo acontecía en Egipto co río Nilo.

Cando Noé constrúe un arca para salvar a vida das crías dos animáis terrestres e a da súa familia as xentes pensaban que toleara. Hoxe acontence o mesmo ao falar de que Jesús vai voltar á Terra.

Cada un anda ao seu, e a pesar do anuncio, chegará cando ninguén o espera.

Te puede interesar