Opinión

A vida, ese teatro

Roberto Pascual respira teatro e non é retórica, que puidera. Desde a súa atalaia de mestre na Escola Superior de Arte Dramático, de actor ou de director na Mostra de Teatro de Ribadavia, persegue unha paixón que é unha forma de comprender o mundo.
“A vida sen teatro non a concibo, empatizaríamos menos, sería moito máis aburrida”. Sería tamén un absurdo pensar que a cultura o teatro, as artes en xeral puideran desaparecer, máis despois do que estamos a ver en Galicia nestes últimos anos calquera outra opción é unha variable para anotar na estatística. Hai ferramentas. “o teatro sabe como zafarse, con humor, con irreverencia se é necesario”. É partidario -comenta- da excelencia, en non do café para todos como durante anos se fixo  no país. Referente a Ribadavia, no podía dicilo doutro xeito. “o teatro é a marca que a proxecta a nivel escénico ao mundo”. O futuro –di- o ve con optimismo, as artes escénicas, a industria cultural, superaran esa visión neoliberal que nos atrapa, esa visión tan economicista da cultura e de todo.
A sesión, no castelo de Ribadavia, onde se viviron tan bos momentos escénicos. A vida segue.

Te puede interesar