Opinión

ACTIVACIÓN DO TURISMO ESTACIONAL

Asecretaria xeral para o Turismo, conxuntamente ca xerente da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia (Turgalicia), dependente da Secretaría Xeral para o Turismo, reunidos cos presidentes dos padroados de Turismo de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, asi como cas asociacións profesionais do sector, entidades de promoción tanto de carácter privado como público, están a levar, de mutuo acordo entre todos eles, o primeiro plan de desestacionalización do turismo en Galicia, tendente á captación dun maior número de turistas visitantes na época de menor demanda. Esta nova iniciativa tenta afrontar o fenómeno do turismo estacional, considerado de baixa demanda e popularmente coñecido como turismo de temporada baixa.


A medida pretende o estudio polo miúdo de todos e cada un dos diferentes recursos con que conta cada concello ou provincia da nosa comunidade, co obxectivo de potenciar o aproveitamento máis racional do mesmo, o que permitirá a elaboración de paquetes turísticos conxuntos completos, mellor equipados, diferentes e máis adaptados cara as diversas preferencias do sector e, sobre todo, o máis importante, todos eles programados ou dirixidos cara a época de pouca demanda no mercado turístico. Xeografía, patrimonio natural e cultural, gastronomía, turismo relixioso, festas populares, mercados, termalismo, turismo de aventura e náutico, oficios tradicionais e un longo etcétera, serán as propostas preferentes neste novo reto cara a loita contra a desestacionalización. 'A mal tempo boa cara', novas iniciativas e orixinais ideas para a captación do visitante que se achega a nosa comunidade será o obxectivo preferente para a activación e posta a punto de todas estas actividades tendentes a paliar a falta de ingresos entrantes durante o período de baixa ocupación.

Te puede interesar