Opinión

Encanto das augas termais

A Asemblea do Congreso Científico Internacional da Federación Mundial de Hidroterapia e Climatoterapia, na súa 74 convocatoria, arrancou en Ourense o día 26 do presente mes na súa presentación no salón nobre do Liceo de Ourense, tendo a súa continuación ata o día 29 do presente mes no edificio cultural Marcos Valcárcel, o que permitiu dar a coñecer este importante don da natureza ao resto do mundo.

Actualmente os balnearios termais voltan poñerse de moda en España trala caída da súa imaxe nos anos 20 do pasado século, cando o público os abandonou preferindo a opción dos baños de mar. O amor pola sabia natureza fixo cos cidadán busquen cun interese crecente a denominada “menciña das augas”, xa utilizadas indistintamente tanto polos romanos como polos árabes, decaendo con posterioridade co cristianismo, cando o rei Alfonso VII ordenou na primeira metade do século XII destruír as termas que existían en España por consideralas como lugares perniciosos. 

Os romanos que habitaban nas proximidades de Mérida, capital da Lusitania, bañábanse en Alange, lugar no que na actualidade aínda se conservan dúas fermosas termas circulares en uso polo seu importante aporte de radón, gas radioactivo de gran poder curativo. 

Tralos romanos, os árabes denominaron ás termas como “alhamas”; desta circunstancia xurde o nome Alhama de Granada, Sierra de Alhamilla o Alhama de Aragón, entre outras. Os cristiáns puxéronlle nomes de santos, especialmente baixo a advocación da Nuestra Señora de la Fontesanta, o de San Joan, en Mallorca, aínda que por entón críase cos mananciais de augas sulfurosas procedían do Averno. España dispón de mais de 2.000 mananciais de augas mineiro menciñais; por desgracia, non todos aproveitables. 

As propiedades das augas, segundo a súa composición química, terán unha ou outra propiedades. Así, as augas sódicas son estimulantes; as sulfuradas teñen a súa acción beneficiosa sobre a pel, mailo aparato respiratorio; as ferruxinosas son ricas en ferro, útiles para a rexeneración do sangue e mellora nas anemias; as augas radioactivas, polo seu carácter sedante, combaten a ansiedade mailas depresións; as sulfuradas son laxantes e diuréticas; as bicarbonadas, moi recomendables para o aparello dixestivo, e as carbónicas, estimulantes do apetito a máis dunha boa circulación do sangue. 

Actualmente, nos balnearios españois e galegos modernos aplícanse as últimas técnicas da hidroterapia compaxinadas co paisaxe, que permiten desfrutar de axeitados paseos compaxinados con actividades culturais, deportivas e lúdicas.     

O Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais maila Deputación de Ourense están a realizar unha boa política sanitaria de atención ás persoas da Terceira Idade, ademais de fomentar o uso termal nos turistas e visitantes que se achegan a coñecer a nosa capital das Burgas. Desta circunstancia xorde o “eslogan” de “Ourense Termal”. Saibamos valorar este enorme tesouro natural e gratuíto co que a nai natureza mostrouse pródiga e xenerosa ca nosa provincia interior de Galicia. 

Te puede interesar