Opinión

Igrexa capela das irmáns Carmelitas Vedruna, na praza do Correxidor

Igrexa capela das irmáns Carmelitas Vedruna, na praza do Correxidor
photo_camera Igrexa capela das irmáns Carmelitas Vedruna, na praza do Correxidor
A capela, construída no ano 1897, é de estilo puramente neogótico, que segue os postulados tan en boga nesa época
  • Coordenadas: Latitude: 42.3365775411.69895 Lonxitude -7.8619207441180.67 
  • Situación: Praza do Correxidor nº. 9 
  • Construción da capela: Ano 1897.
  • Característica: Capela neogótica.
  • Elementos destacados: Sagrario, confesionario, coro portada e vidreiras.
  • Escudos: Tres brasóns decorados cas mesmas armas aínda que alterada nas súas particións; todas cuarteladas contendo a primeira cinco estacas postas en pao e colocadas en faixa (Quiroga); na tres faixas recortadas sur montadas dunha tau ((Temes); na terceira cinco testas de lobo degoladas e sángrante) colocadas en soutier (Mosquera); na última un brazo armado sostendo unha maza acompañada dunha flor de lis e seis dados en punta (Somoza). Os tres escudos timbrados cun Yelmo frontal empénachado.   
  • Arquitecto: Antonio Crespo López.
  • Estado de conservación: Bo.
  • Información relixiosa: Culto cristián, uso particular das monxas. 
  • Curiosidades: Serviu de capela universitaria nos tempos do bispo Osoro, en Ourense, servindo na actualidade como capela-tanatorio tralo pasamento dalgunha irmán.
  • Titularidade: Congregación relixiosa das Irmáns Carmelitas, Vedruna.
  • Informantes: Irmá Ángela e outras.
  • Protección: Ben de Interese Cultural (BIC) ademais da aportada pola coidadosa atención das irmáns Carmelitas que se senten orgullosas da súa bonita capela. 
Igrexa capela das irmáns Carmelitas Vedruna, na praza do Correxidor
Igrexa capela das irmáns Carmelitas Vedruna, na praza do Correxidor

Entre os anos 1879 e 1900 na cidade de Ourense erguéronse importantes edificios tanto civís como relixiosos ademais de diversas sés de Caridade sendo os seus autores notables arquitectos como: José Barreiro, Genaro de la Fuente, Eduardo Mercader, Emilio Meruendano José Antonio Queralt, Rauret, Serra y Pujols, Jesús Vidal, Antonio Crespo ou Antonio Seara, Daniel Vázquez Gulías, Antonio Fidalgo, entre outros, todos eles dotados dunha grande vena creativa e artística capaz de competir co máis florido a nivel arquitectónico nacional existente naquelas datas; obras algunhas delas que, en deben, inda hoxe, admíranse na cidade. 

As primeiras Irmáns Carmelitas chegaron a Ourense capital despois dunha viaxe dificultosa o día 12 de marzo do ano 1879 mercé á laboriosa xestións do bispo de Ourense Cesáreo Rodríguez (1876 -1895) instalándose nunha grande casa co nº 13 existente na pequena praza do Correxidor pertencente a Isidoro Temes, como o testemuña, aínda hoxe, a presenza na súa fachada de tres escudos nobiliarios familiares, sendo vendida posteriormente por un importe de 25.000, das antigas pesetas, ó matrimonio formado por María del Rosario Wall e o seu esposo Alfonso de Sousa quen, posteriormente a doaron xenerosamente á congregación do Carmelo. Mais tarde a madre Paula comprou, tralo pasamento do prelado, de xeito paseniño, as casas contiguas ademais de novos terreos que permitiron a execución de diversas obras, todas grazas ó legado económica do prelado, ata chegar, moi modificado, ó edificio actual que completou a súa atura co engadido de dous seus andares mais 1, 2. 

O día 8 de xuño do 1894, ou ben o arquitecto José Barreiro o Antonio Crespo López, solicitaron do Concello de Ourense licencia para obrar nun, dos lugar máis interesantes do “Casco Vello”, unha pequena e estreita capela-igrexa para o culto da citada onde relixiosa, asentada na cidade licencia que foi denegada o día 6 de outubro; ante a negación do permiso o arquitecto Crespo voltou novamente a solicitala, de xeito concreto, o 14 de decembro, sendo finalmente aprobada 2.  

A capela, construída no ano 1897, é de estilo puramente neogótico, que segue os postulados construtivos e artísticos tan en boga nesa época, destacando pola súa verticalidade a alta fachada composta de tres corpos; así a nivel da rúa sitúase a portada composta dun bonito arco neogótico de estilo flamíxero enmarcada por un cordón acompañado de dous pináculos lastrados en pedra situados a ambos dos seus lados. No segundo destaca a tripe ventá apuntada,  protexida por vidreiras que seguen unha liña cuberta. Da remate á mesma unha espadana formada por un so oco contendo unha pequena campá, acompañado nos laterais por séndoos pináculos con remate en bola ademais dunha cruz de pedra no cumio 2.

O interior componse dunha soa e alta nave cuberta cunha bóveda de crecería, atopándose sobre a porta de acceso un interesante coro pétreo. O presbiterio o preside un curioso sagrario de trazado evidentemente gótico, de indubidable valor artístico acompañado dun Cristo Crucificado. No muro correspondente a Epístola atópase a bonita imaxe de santa Joaquina de Vedruna, namentres que no muro do Evanxeo encontrase a talla da patroa da orde, a Virxe do Carme. Igualmente resulta interesante cerca da porta de acceso á Casa de Deus a presenza dun curioso e moi ben traballado confesionario en madeira. En definitiva unha pequena capela que pese á súa modesta dimensión resulta sumamente interesante e, dende logo, digna de visitar.

Te puede interesar