Opinión

Parroquia de Santa Lucía, en Rairo

Parroquia de Santa Lucía, en Rairo
photo_camera Parroquia de Santa Lucía, en Rairo

Nun principio a xurisdición parroquial do pobo de Rairo pertencía á igrexa da Santísima Trinidade no existindo no pobo máis cunha cativa capela para o culto, datada no século XV, baixo a advocación da santa mártir, capela moi modificada ao longo dos séculos mandada facer polos fregueses Gonzalo de Cortina e Andrés Rodríguez. Aínda non fai moitos anos a novena en honor da popular patroa dos cegos e músicos facíase na igrexa da Trinidade pagada polos propios devotos.   

Entre o ano 1956/57 atopábase como encargado da capela o crego Agustín Madarnas que, ante o aumento de poboación, considerou insuficiente o pequeno recinto relixioso polo que constituíuse unha comisión de persoas ca idea de buscar un terreo para a ergueita dunha nova igrexa parroquial. Entre os comisionados figuraba Antonio Montero, funcionario de prisións, que ofreceu un terreo situado ás aforas do pobo, camiño das Curuxeiras pero, ao parecer, esta ubicacións no era do agrado de don Agustín que desexaba atopar outro terreo más próximo ao pobo e barrios colídante como a Finca A Marquesa, Regueiro Fozado ou a Rampa Antolín. 

A partir deste punto iniciáronse as conversas con Antolín Losada que xenerosamente decidiu doar un solar da súa propiedade no que, en deben, se érguese a igrexa actual ca condición de que o referido solar fose destinado unicamente á construción da nova Casa de Deus sendo inaugurada esta solemnemente no decurso do ano 1960.

O modelo construtivo do novo templo, baixo a advocación de Santa Lucía, deseñouno o arquitecto José Barreiro, no ano 1959 seguindo os postulados das directrices emanadas do Concilio Vaticano II, caracterizándose pola súa austeridade de modo similar ao templo parroquial da Inmaculada de Montealegre. O acceso ao mesmo faise a traveso dunha ampla escaleira con rampla adosada posteriormente; no centro da fachada ábrese unha grande portada enmarcada no interior dun alto arco de medio punto composto por un total de dezanove dovelas apuntadas. Dous son ocos circulares decorados con sendas vidrieiras polícromas atópanse situados a ambos lados da portada; correspondente ca zona da tribuna igualmente destaca un gran ventanal en forma de arco de medio punto que, axudado por cinco pares de fiestras rectangulares situadas na parte superior dos muros laterais son as encargadas de proporciona a claridade ao interior do templo. A grande espadana componse de tres vanos de medio punto, con campá sendo o mais alto o central cos laterais, seguidos por un reloxo carrión circular. Da remate o campanario unha cruz de brazos rectos. Cóbrese o templo a dúas alturas mediante cubertas a dúas augas. O interior é de planta rectangular dividido en tres naves, a maior a central plana, separada do resto mediante cinco lisas columnas cilíndricas a ambos lados, de fuste liso, que soportan sinxelos arcos escárzanos. 

A decoración do templo é simple sendo a súa estética de tipo minimalista moi de acordo co ano da construción.

O presbiterio ou capela maior é de planta octogonal presidida por un pequeno retablo neogótico con policromía dourada, composta de cinco rúas a central presidida por unha pequena imaxe do Neno Xesús, baixo un baldaquino acompañada das imaxes, de corte industrial da titular da parroquia, santa Lucía, sagrado Corazón, san José e santa Bárbara todos eles baixo de arcos cuadribulados situados baixo unha superficie de crestería coroado por un capitel ao igual co resto do retablo.

Te puede interesar