Opinión

Mensaxes

Conforme vai avanzando a campaña os políticos van afiando as suas mensaxes para tratar de chegar mellor ó electorado, sempre a criterio dos estrategas e asesores, que son os que van marcando pautas. Eso na maioría dos casos. En outros, todo é máis sinxelo, ou máis complexo, según se mire.


Rosa Díaz, líder de UPyD, formación de novo cuño de limitada implantación que se presenta por vez primeira a unhas eleccións galegas, trata de encontrar ocos por onde facerse escoitar. Tal vez por eso, onte afirmou que o seu primeiro obxectivo -de ter quen lle pregunte por elo ou se tivera capacidade- consistirá en eliminar o Plan de Normalización Lingüística. Un pregúntase se cando falan os grandes contertulios de Madrid teñen a mesma solvencia que cando opinan de Galicia ou de cuestións galegas, porque no deiquí patinan coma os coches no xelo. Cos políticos ocurre unha cousa similar. Os galegos teñen moitas necesidades e que os gobernantes fagan moitas cousas. O que xa non precisan tanto e a quen poida desfacelas.



Te puede interesar