Opinión

A bipartición

Poderían funcionar como dous verbos fusionados na mesma idea pero en algún lugar inconcreto decidiron ser diferentes. Comezaron un sutil proceso de separación que culminou con éxito. Unha reconversión biolóxica dos significados. Aínda que por veces, despois de tanto tempo sendo un só concepto, eles mesmos chegaban a confundirse. Escomenzaron entón un camiño paralelo pero diverxente. A derivación foi tal que só compartían o final do percorrido: un insignificante morfema de primeira conxugación. E como entes autónomos foron buscando un habitat para escomenzar outra etapa. E que mellor que aliarse con uns suxeitos chamados políticos tan acostumados a funcionar por ósmosis como por división. O verbo ‘cambiar’ chegou o ideario propagandístico dos socialistas galegos, mentras que ‘transformar’ decantouse por os nacionalistas para así axudar a ámbolosdous a completar a súa propia bipartición. Tan distinta pero tan igual.

Te puede interesar