Opinión

As palabras

Hai tempo, ao saír da casa, comencei atopar palabras no chan. Semellaban ter sido palabras fermosas, pero estaban espidas e desvaídas. A cotío sofrían a indiferencia de tódolos peóns, que as esmagaban sen ningún reparo contra as beirarrúas, feríndoas cada día un pouco máis. Decidín convertirme en benefactora e levalas á miña casa. Os luns collía substantivos; os martes adxectivos os mércores adverbios y acababa a semana coas conxuncións. Así ate conquerir unha morea delas. Laveinas ben, dinlles vitaminas, merqueilles un traxe novo e, deste xeito, foron collendo pulo e recuperaron o seu aspecto orixinal. Resultaba tan exótico contemplas! Entón, ocorréuseme metelas nunha caixa ben colocadiñas e perfumadas. Pasaron os días, os meses e, de súpeto, entroume morriña delas. Rescateinas do andel. Non tardei en contemplar abraiada como as miñas palabriñas xa non rebulían no seu interior. O esquecemento matáraas.

Te puede interesar