Opinión

VOLTAR

Volvo coa aquiescencia dos amigos de La Región. Volvo aínda que endexamáis me fun. Volvo pra me sumar a homenaxe merecido a José Luis Baltar. Volvo sabedor de que a Xunta ten marxinada a Meisa. Volvo pra me encontrar cos amigos lectores. Volvo logo que me trataran con ledicia os que traballan no Santa María Nai perante moitos días e noites. Volvo a pesares da 'prima de riesgo' na crise maldita. Volvo contra vento e marea a pesares da canícula. Volvo pra expresar libremente as miñas ideas nesta partitocracia que nos tiraniza. Volvo a este país que se chama Galicia da que somos Ourense a sempre esquecida.


Non son tópicos, senón verdades como puños.


Volvo pra que me aturen os que queiran, ¿políticos incluídos?, ou os pacientes lectores do meu xornal ben querido, como decano que son dos colaboradores, ata o alén definitivo cara o alén.


Gracias, amigos.

Te puede interesar