Opinión

Camba, en Castro Caldelas

Camba era o apelido dogran Julio, aquel que na  súa mocidade profesaba  o anarquismo para acabar escribindo ata a súa morte en 1962  no ABC. Camba, é tamén unha  terra no centro de Galiza, que está  na esquecida zona do interior de  Pontevedra. O seu escudo leva as  rodas dos carros de bois, que xa  se atopan no mosteiro de Oseira,  moitos séculos antes, inseridas  nunha singular bóveda. Eran os  tempos medievais e o mosteiro  cisterciense ourensán tiña posesións nelas. Outra das Cambas é  a de Laza, nunha encantadora  paraxe na aba de Manzaneda,  que non coñecería a non ser pola   existencia dunha web elaborada  por xente nacida aquí que fai de  nós uns veciños virtuais a través  dos seus ollos ledos. Son un  exemplo de que o corazón move  sempre máis que o interese. Singular, e senlleira, na historia do  noroeste, é outra Camba: a de  Castro Caldelas, necesitada de  atención preferente desde a súa  grande relevancia. Coñecida desde a Alta Idade Media agarda aínda dun fondo estudio que destaque a súa importancia máis aló  dos eruditos. Daquela remota  época entre os séculos V ao X  queda pouco máis que un interesante relevo que nos fala dun  pequeno mosteiro da época dos   Suevos e Visigodos.  Por este lugar de etimoloxía  prerromana fixeron pasar os  romanos a vía XVIII que ía desde  Braga cara Astorga, facendo unha  curva no seu trazado, para adaptarse ao irregular terreo da terra  de Caldelas. No século X a familia  de San Rosendo de Celanova, a  través da súa nai Ilduara Eiriz, controlaba diversos territorios, como  se recolle nun dos vellos Tombos  do antigo mosteiro benedictino.  As súas grandes dimensións  deixan ver a máis un notable  poderío en tempos pasados, do  que é testemuña a grande ruína  da rectoral, que xa loce os escudos heráldicos na entrada. Pero   é o estado do interior o que motiva estas liñas, pois semella difícil  entender cómo as xentes da  parroquia non son quen de unirse  e levar aos seus representantes  dos poderes civís do concello,  provincia e autonomía, desde as  respectivas administracións para  que se poñan de acordo e tiren  dun lado do carro. E do outro  o poder eclesiástico. As xentes da  súa contorna a teñen en grande  consideración, e dela se senten  herdeiros, pois forma parte das  súas vidas. Fito relixioso, patrimonio cultural dunha bisbarra, que  precisa dun interior axeitado, consonte da importancia de Camba  e de Castro Caldelas. 

  

Te puede interesar