Opinión

Catro artistas máis alá da figuración en alterarte

Botou a andar a programación expositiva de arte no Campus de Ourense da Universidade de Vigo nesta sala de referencial que, máis alá do recuncho que é, alumea en cada mostra. Desta volta ven coa posta de largo como coordinador de Javier Blanco Sierra, da Facultade de Educación e Traballo Social, e artista como Xavier Riomao quen, cal rara avis, deixou de expoñer en 2011, pintura instalación, e dende aquela apenas se fixo presente máis que coa escultura dedicada ás mulleres anónimas en 2014, preto do Camiño da Igualdade, nos xardíns dos edificios académicos e departamentos. Unha boa noticia a de que baixe de Esgos e se faga presente ao longo deste curso académico co ciclo Reciprocidade, anque por impacto visual dende o deseño gráfico poñan Recipro / Edadic, isto é, anverso / reverso transparente, do revés. En fin, amigo Sancho... Con este novo plan queren buscar que o Campus ourensán se relacione coa paisanaxe artística da contorna, pois ate agora teñen pasado artistas da facultade de Belas Artes de Pontevedra ou con ela relacionada, que abriron a oferta da cidade, máis como calquera outra sala. O plan do curso iníciase con esta colectiva, para seguir con “Fuco” Reyes, e a programación continuará con outra colectiva, as tres mostras da man curatorial do artista Manolo Figueiras, vencellado a Ourense, aínda que viva na costa. E xa dende marzo a xuño de 2024, Fernando Barreira, de Verín, e artista internacional, da man da artista Tareixa Grande, para coa fin de curso docente en xuño poñer o ramo con FoCo, tralo que se agachan en realidade Figueiras e Riomao, comisariada pola artista Marita Carmona, radicada entre nós como aquela.

Esta exposición trata de catro propostas de abstracción a outros tantos artistas de orixe persoal ou familiar ourensá e/ou que viven en Ourense trala escolla por Figueiras dos participantes coa idea posta nunha opción radical… Nas fauces da sala Alejandro Caporale (La Plata, Arxentina, 1972), afincado en Santiago, cunha obra feita con tres mallas de redes de tres cores creando unha opresiva e tupida forma calada, xogando na outra cos tons dos listóns. Dende o gravado pasou á pintura, e nos últimos anos traballa dende a fotografía e pequenos obxectos escultóricos.

No fondo da sala, Antonio Fernández Seoane (Ourense, 1973), pintor figurativo de metáfora e alegoría  que trae seis obras rectangulares doutras tantas cores construídas dende un cadrado-módulo, sendo a sexta negra, linguaxe co que sae da súa área de confort. Nunha das paredes alargadas Antonio Soria Rocafort (Alcalá de Henares, 1953), co quen se conforma o outro polo xeracional. Reside en Allariz, como aquel, e no seu camiñar plástico amósanos coloristas cadros de formas xeométricas con simbolismo de seu, do eido persoal, mitolóxico ou histórico. Unha obra destaca, quizais inspirada n pintura románica de san Climent de Taüll, descompoñendo a inscrición orixinal “Ego sum lux mundi”.


MARÍA PUERTAS (OURENSE, 1973)

A artista e profesora ten feito debuxo, gravados e ilustracións para libros e festas, mais tense centrado na pintura, escollendo ultimamente o metacrilato por soporte, co que acada a súa más decantada expresión, en campos de cor etéreos e imaxinativos. Todos os artistas dende Clinamen, termo latino do grego, unha expresión que se relaciona co libre albedrío e chega á contemporaneidade.

Te puede interesar