Opinión

Series fotográficas de Chema Prado no marco OUFF28

Miguel Anxo Fernández e Marisa Paredes ,diante da foto dela na Catedral de Santiago.
photo_camera Miguel Anxo Fernández e Marisa Paredes ,diante da foto dela na Catedral de Santiago.

Ex director da Filmoteca Nacional entre 1989 y 2016, é un gran experto en cine

Coa súa ampla mostra o autor anticipou a eclosión da bolboreta do Ourense Film Festival 28, que saíu da crisálida anual o pasado venres vinte nove coa gala inaugural. Iniciouse deste xeito o OUFF, sobranceiro evento cinéfilo e social de cada outono dende fai uns anos. E na vernissage de Series en todo o andar baixo do Centro Cultural Marcos Valcárcel (CCMV) produciuse a epifanía cultural do presidente da Deputación Luís Menor co acto-marco de saída do evento. Acompañándoo estaban o director do centro, e os coordinadores do festival, Miguel Anxo Fernández e Aurelio Gómez, co gallo da presenza do relevante artista José María “Chema” Prado (Rábade, Lugo, 1952), quen chegou coa súa parella Marisa Paredes, a gran actriz madrileña. Prado, ex director da Filmoteca Nacional entre 1989 y 2016, experto en cine e cunha gran traxectoria máis alá da institución estatal que axudou en Galicia ao despegue do Centro Galego de Artes da Imaxe, do que foi seu padriño, quen o homenaxeou cun ciclo de cine tres anos despois n’A Coruña, capital na que vivira infancia e xuventude, e ademais unha mostra fotográfica, na que amosou a persoeiros próximos seus en retratos persoalísimos, caso de Bertolucci e Malkovitch, que tamén se poden ver na sala 1. Con eles, Jim Jarmush, Almodóvar, Bardem e aquela mencionada actriz, retratada en teatral pose ante o parteluz do Pórtico da Gloria. 

No CCMV está tamén un tímido Arthur Penn diante dun taboleiro de xadrez, que non como director de Bonnie y Clyde. E o gran Julian Schnabel, nunha máis que acaída foto para nós do artista nado en Nova York e licenciado en BB.AA. dende 1969, e ten feito máis mostras pictóricas, e esculturas, que películas, tres, sendo malia todo, e premiado en Cannes, Venecia e San Sebastián. Posa pois como pintor, en activo dende 1976, Houston / Texas, EE.UU, tendo amosado obra en Düsseldorf, Basilea, Madrid e Barcelona, no Guggenheim bilbaíno, Beijing ou Nápoles, entre outras cidades. O creador ten engadido fotos nas súas obras, e exposto as súas polaroids dende 2010. Como Prado, que trae unha manchea delas, case cincuenta. 

Julian Schnabel, pintor, escultor e director de cine.
Julian Schnabel, pintor, escultor e director de cine.

Na sala 1 comparten espazo estas fotos da súa serie Infraganti, sic (in fraganti), a cor e reproducidas con gran formato, que se prolonga por lustros na súa traxectoria, coa serie en B/N das Cidades, minúscula en tamaño, sorte de diario fotógrafo por Madrid, La Habana, e outras, e se estende pola parede até as alturas de acceso restrinxido das escaleiras de caracol, nun formato semellante á manchea de Polaroids da sala 0 que se espalla polo hall do edificio con Nada que perder, que centra o rañaceos organicista Torres Blancas obra significativa dos anos sesenta do pasado século do arquitecto Sáenz de Oiza, edificio icona en Madrid, no que vive, acompañado de sete imaxes polaroid ampliadas. Levantado pola Huarte, é un dos fitos desta construtora que tanto apoiou á vangarda arquitectónica. Eis así un coidado plantexamento cuadripartito de Andrés Mengs, comisario que resolve con mestría as series nos espazos do edificio multiusos. O impacto visual das pequenas imaxes, encadres-encaixe que se inzan de xeito expresivo, falan do íntimo da percepción, miradas-inserto, xogo de espellos persoal dun abano expresivo que está a expor dende fai décadas.

Te puede interesar