Opinión

María do Ceo, de xira

Quedo con María do Ceo para que me poña ó día da cantidade de concertos que ten por diante, despois dun inverno ben activo compoñendo temas para novos discos, entre eles un con Ramil, o estupendo cantante galego participante na última edición de "OT". Pero ademáis de compoñer, a artista ourensá non baixou do escenario, sorprendendo moitas fins de semana a quenes se achegaban ata o Castelo de Maceda, onde o fado e a gastonomía foron protagonistas, e onde volverá actuar esta mesma noite de sábado, e os próximos 14 de xuño e 15 de xullo. Comeza María do Ceo un mes de maio trepidante que a vai levar entre outros lugares ó Café Liceum do Porriño, un deses míticos templos musicáis no que gustan de actuar os mellores trovadores, e a nosa artista vaino facer dentro do programa "Música ao vivo nas salas" promovido polo Agadic. O dia 24 serán os veciños de Arzúa quenes teñan a sorte de disfrutar das súas cancións, porque alí estará actuando dentro do programa "Cultura no Camiño-De Asís a Compostela", que a levará tamén o 27 de xuño ó formidable marco do Patio de Armas do Pazo de Fefiñáns de Cambados. Pero hai dúas citas que teñen emocionada especialmente á nosa cantora, unha delas será o 20 de xuño no Templo da Sagrada Familia de Barcelona, un lugar soamente reservado para acontecementos moi especiáis, pero non hai nada que non consiga o entusiasta historiador Manoel Carrete, presidente do Centro Galego de Barcelona; e alí chegará María do Ceo para cantarlle ós nosos poetas, e de xeito especial interpretará os poemas de Xosé María Díaz Castro, autor a quen se lle dedica este ano o Dia das Letras Galegas, musicados por ela mesma. Un concerto que non dubidamos será memorable e que terá continuidade o 2 de xullo na Casa de Galicia en Madrid; sen esquecer os múltiples concertos que a artista dará no verán por toda Galicia.
Non cabe dúbida que este é un ano moi importante para a carreira máis que consolidada de María do Ceo, unha artista de raza, feita a sí mesma coa maduración propia dun bo viño, que converte cada concerto  nunha homenaxe á mellor poesía, á sensibilidade, ó bo gusto e tamén, por que non dicilo, ó divertimento; porque esta muller ademáis de cantar como os anxos é absolutamente divertida.

CONSULTASEXO.COM

E falando de cousas divertidas, na celebración do 40 Aniversario da Universidade Laboral de Ourense aproveitei para saber da vida persoal e profesional de moitos dos nosos antigos alumnos, como foi o caso de Juan Ballesteros, médico do Centro Sanitario Sandoval da Comunidade de Madrid, centro de referencia en materia de infeccións de transmisión sexual, que xunto con outros especialistas tanto da medicina como da psicoloxía, a sexoloxía, e mesmo da informática, acaban de abrir en internet a interesante páxina "consultasexo.com". É sempre un pracer falar con este antigo alumno pola moita vitalidade que desprende; e isto sábeo ben o seu amigo Polo, médico de cabeceira no Centro de Saúde de Allariz, a quen visita con frecuencia para compartir amizade e experiencias profesionáis.
Esta páxina de asesoría sexual está plantexada, como non podía ser doutro xeito, desde o punto de vista de que o sexo é unha actividade necesaria, placenteira, gratificante e lúdica; unha páxina realmente interesante a visitar por todas aquelas persoas libres dos tabúes e prexuizos doutros tempos.

UNHA SEMANA PARA EUROVISIÓN

Moitos estaredes botando contas dos días que faltan para esa inédita final europea de fútbol entre os dous equipos madrileños, e outros xa case nos sabemos de memoria moitas das cancións que o próximo sábado competirán en Eurovisión; aínda que a maioría teñan que pasar a criba das semifináis, cousa da que se libran o país anfitrión, Dinamarca, e os compoñentes do chamado "big five", composto por Italia, Alemania, Francia, Reino Unido e España. Algo así como o Consello de Seguridade da ONU, con dereito a veto; e aínda que non hai que pecar de "quijotes" cando algo nos beneficia, nunca entendín moi ben esas prevendas para estos países. Pero o certo é que aí estamos, directamente na final, cunha Ruth Lorenzo que a pasada semana levou un pequeno susto cando tivo que gardar obrigatorio repouso por orde facultativa, aínda que está previsto que mañá mesmo viaxe a Copenhague para comezar os ensaios. A canción “Dancing in the rain” figura na primeira posición do Eurosondeo feito pola excelente páxina “eurovisión-spain.com”, seguida do Reino Unido, Suecia, Hungría e Armenia.

Te puede interesar