Opinión

Podemos presumir de ter unha olímpica no pobo

Dende fai xa uns anos reside en Maceda, posiblemente a millor ciclista de estrada  española da actualidade, Ane Santesteban, oriunda de Errenteria, en Euskadi, mudou a sua residencia a este pobo ourensan, coñecido pola sua intensa actividade ciclista e a sua prolifera canteira. Ane, integrada xa, no día a día de Maceda, e un referente máis para todos esas rapazas e rapaces da Escola macedán, ca que comparte moitas veces quilómetros nas estradas que rodean Maceda. 

Ane, leva 10 anos no mundo profesional antes de recalar este ano na poderosa escuadra do BikeExchange. Nestes anos ten acadado resultados tan importantes como o séptimo posto na xeral do Giro de Italia do ano 2020, novena no ano 2018, oitava na Emanukeen Bira do 2019. Neste ano esta a punto de afrontar unha nova cita do Giro de Italia, onde tan bos resultados ten colleitado, como previo os Xogos Olímpicos de Tokio, onde a bo seguro vai estar formando parte da Selección Española, o que sería a sua segunda participación nuns Xogos.

Así , en Maceda , podemos presumir de ter unha olímpica, o que supón un autentico orgullo para todos nós, e para a xente do CC Maceda, que fai un par de anos a recoñecía ca Choca do Ano.

En Maceda, temos un bo motivo para estar máis pendentes do Xogos de Tokio. Zorte on Ane!

Te puede interesar