Galicia

Galería | Celebración do legado de Xela Arias

 A voz de Xela Arias (Sarria, 1962 – Vigo, 2003) abriu o pleno extraordinario que a Real Academia Galega celebrou hoxe en Vigo para reivindicar o seu legado. A escritora, editora e tradutora recitando versos do seu derradeiro poemario, Intempériome (2003), en diálogo coa música de Fernando Abreu, Mónica de Nut e Pablo Carrera, marcou o comezo do acto central do Día das Letras Galegas, unha conmemoración na que Ana Romaní, Marilar Aleixandre e Manuel Rivas pronunciaron as alocucións académicas sobre a autora á que a RAG dedica este 17 de maio. Os tres recorreron á palabra da poeta e puxeron o acento no carácter rebelde e na lectura de xénero dunha poesía á intemperie, envolta «nas entrañas das vidas á marxe» e que «cuestiona “exércitos inoculados de acomodo”», expresou Ana Romaní. «Crear, di Xela, é inventa-lo mundo e mailas marxes do mundo. Crebar as marxes, inventar outras novas», coincidiu Marilar Aleixandre. Porque ela foi, en palabras de Manuel Rivas, unha muller «a camiñar pola liña do horizonte», unha creadora que escolleu botarse «fóra da orde do día». FOTOS: CEDIDAS

 

1 / 10

A Real Academia Galega celebra o legado de Xela Arias

AG_210517_004_victor_freixanes
2 / 10

Victor Freixanes

AG_210517_006
3 / 10

A Real Academia Galega celebra o legado de Xela Arias

AG_210517_011_ana_romani
4 / 10

Ana Romani

AG_210517_014_marilar_aleixandre
5 / 10

Marilar Aleixandre

AG_210517_015_manuel_rivas
6 / 10

Manuel Rivas

AG_210517_016_manuel_rivas
7 / 10

Manuel Rivas

AG_210517_academicos_familia_amizades_xela_arias
8 / 10

Amizades de Xela Arias e académicos

9 / 10

Académicos, nai e fillo de Xela Arias

AG_210517_freixanes_dario_gil_arias
10 / 10

Dario Gil Arias