VIDA

Amencer y su propuesta lúdica

A Asociación Xuvenil Amencer organizou para a ponte do Entroido diversas actividades no denominado Proxecto a tope na ponte co que fomentar a celebración das nosas festas populares: o Entroido, achegarse aos rapaces e mozos que non participan das actividades de ritmo semanal en Amencer e axudar a conciliación da vida laboral e familiar.

Durante nove días ofertáronse un total de 44 actividades, das cales 40 foron abertas e catro de organización interna de Amencer, dende obradoiros e confección de disfraces, obradoiros de compadres e comadres, ata a participación no desfile de Barbadás e no Enterro da sardiña. 

1
1 / 7

Foto de grupo da Comparsa de Entroido.

2
2 / 7

Luis e Adrián no obradoiro de globoflexia.

3
3 / 7

Alba, Ángel e Pablo.

4
4 / 7

Ana, Rebeca, Laura e Alba.

5
5 / 7

Grupo saltimbanquis durante un obradoiro.

6
6 / 7

Pablo, Olga, Luca, Mireia e Eva.

7
7 / 7

Marisol, Noe, Carla, Conchi, Paulo, Iago, Anta, Mara, Betty e Javi.