VIDA

As bolboretas volveron voar en Ourense

Tras triunfar en toda Galicia e ser nomeado como Mellor Espectáculo -ademais doutros galardóns- na última edición dos premios María Casares, “A lingua das bolboretas” de Sarabela voltou á súa cidade nunha única función para subir ó escenario a cruenta historia do mestre e o alumno que Manuel Rivas situou nos tempos da Guerra Civil. 

Nomeados tamén para os Premios da Crítica de Galicia, o éxito desta adaptación do grupo teatral ourensán vén tamén avalado polo público, que enche os espazos en cada unha das súas funcións por toda Galicia. De novo en Ourense volveron recibir o aplauso unánime dos espectadores.

Fotos: Xesús Fariñas

vidar_281121_74
1 / 6

Os actores de Sarabela Teatro, nun momento da representación.

vidar_281121_73
2 / 6

Estefanía e Martín.

vidar_281121_72
3 / 6

Andrea e Alberto.

vidar_281121_71
4 / 6

Clara, Nacho e Camino.

vidar_281121_70
5 / 6

Modesto, Jenni, Isaac, Carlos, Ramón, Socorro e Mari Puerto.

vidar_281121_69
6 / 6

Natalia e Isabel.