VIDA

Creacións interxeneracionais en Allariz

A Alameda de Allariz acolleu os maios elaborados con todo o agarimo do mundo polos artistas que se animaron a participar nesta festividade. Ás creacións sumáronse os cativos do Colexio Padre Feijóo e os mozos do instituto, que, ademais alzaron a voz coas súas coplas. Sumáronse aos máis novos, os usuarios do centro de día da vila e de Xinzo amosando o fermoso que é a convivencia interxeneracional.

Nesta edición, dende o Concello optaron porque se elaborasen “mini-Maios” para que deste xeito participasen tamén as familias. O resultado foi que na Alameda expuxéronse ao redor de 100 creación vexetais. Tampouco faltou a animación musical a cargo de grupo de gaitas De Pé Feito. 

FOTOS: XESÚS FARIÑAS

1
1 / 8

A cativada, encantada con poder facer o seu maio.

2
2 / 8

A idade non é un inconvinte á hora de elaborar un maio.

3
3 / 8

Os gaiteiros “De Pé Feito”.

4
4 / 8

Camilo Parada co maio.

5
5 / 8

Un grupo de participantes.

6
6 / 8

Ana, Laura, Rut, Berta e Lucía.

7
7 / 8

Vista de los maios en Allariz.

8
8 / 8

Alba, Leire y Aldara.