VIDA

Divertidas mañáns de verán con Amencer

A Asociación Xuvenil Amencer segue coas actividades do programa da sétima edición das Mañás de verán, que ten como destinatarios á rapazada dende os 3 ate os 14 anos de idade, e que ten unha duración de cinco semanas, rematando o vindeiro día 22 de xullo.

Na axenda están incluidas diferentes actividades, das que gozan máis de 300 nenos e nenas, de educación emocional, obradoiros, actividades de animación á lectura, piscinas, xincana de auga, deportes, xogos musicais, ciencia divertida, arte, teatro, ademais dunha saída ó parque Miño para os máis pequenos e para os maiores en diferentes días.

1 / 6
Grupode4deInfantilxogandopelota
2 / 6
DafneeAlejandro
3 / 6
NoelGaelngelMigueleAntn
4 / 6
Grupode4dePrimaria
5 / 6
6 / 6